AGADIC

Centro Dramático Galego


MÉRCORES DE VARANDA: Concerto de Xoán Curiel e Iris Gey

CENTENARIO SALÓN TEATRO 19202020

Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021

O CDG celebra o centenario do Salón Teatro de Santiago co programa musical Mércores de varanda, que ofrecerá oito concertos de artistas e grupos galegos para conmemorar o centenario da inauguración deste edificio da rúa Nova compostelá, onde a unidade de produción teatral da Xunta de Galicia ten a súa sede desde 1999.

Xoán Curiel (cantante, músico e compositor) e Iris Gey (cantante e filóloga) levan ao Salón Teatro de Compostela un espectáculo baseado en cantigas medievais dos séculos XIII e XIV. Este concerto, no que se acompañan do percusionista Carlos Freire é un anticipo do que vai ser o novo disco de Xoán Curiel que verá a luz a finais deste 2020.


xoan_curiel


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal