AGADIC

Centro Dramático Galego


MÉRCORES DE VARANDA: Concerto de Susana Seivane

CENTENARIO SALÓN TEATRO 1920—2020

Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021

O CDG celebra o centenario do Salón Teatro de Santiago co programa musical Mércores de varanda, que ofrecerá oito concertos de artistas e grupos galegos para conmemorar o centenario da inauguración deste edificio da rúa Nova compostelá, onde a unidade de produción teatral da Xunta de Galicia ten a súa sede desde 1999.

Susana Seivane erixiuse -neste período de confinamento- como a nosa mellor embaixadora cultural por mérito propio, acadando cotas de difusión sen precedentes.

Nesta ocasión Susana interpretará pezas vencelladas ao noso patrimonio musical, prestando especial atención á relación entre os temas e o lugar escollido para o concerto.


susana_seivane


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal