Dirección e dramaturxia: Marcos Alonso, Alfredo Rodríguez e Rafael Rey
Traballo de investigación de Ártika en coprodución con Centro Dramático Galego. Esta pretende establecer unha ponte entre a creación e o público. Busca indagar en como percibe cada espectador tres mostras de diferentes equipos artísticos e xéneros co mesmo punto de orixe. Para conseguilo escollemos unha temática común, neste caso sobre diversidade de xénero e o conto escrito por Mía Couto titulado Sapatos de tacão alto.