AGADIC

Centro Dramático Galego


CDG obras: Terceiro acto

De Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez, a partir de improvisacións co elenco
Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez, directoras

Unha troupe de actrices e actores veteranos reúnese clandestinamente pola noite para emprenderen a que quizais sexa a súa última aventura xuntos. Nesta noite revivirán o que non volverá para entender, para modificar, para se reconciliaren co que xa non está, ao tempo que reflexionan sobre o terceiro acto das súas vidas. Xuntos, analizarán o seu legado e proxectaranse tamén no futuro incerto para falar sobre a vellez, a morte, os seus anhelos e desexos para esta nova etapa da vida.
Terceiro acto é unha peza á vez cómica, sombría e fermosa. Un poema escénico sobre a memoria e os soños; un exorcismo, unha celebración da vida e do teatro.


Ler máis

terceiro_acto


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal