AGADIC

Centro Dramático Galego


TEATRO DE BRAGA en coprodución co CDG: A contenda dos labradores de Caldelas ou Entremés famoso sobre a pesca do río Miño

Autoría: Gabriel Feixóo de Arauxo
Dirección: Fran Núñez

Pasaron 350 anos desde que Gabriel Feixóo de Araúxo escribise en 1671 A contenda dos labradores de Caldelas ou Entremés famoso sobre da pesca do río Miño. 350 anos e o río segue correndo, separando, ou unindo Galicia e Portugal. A peza fala dun tempo e un lugar concreto pero a súa esencia é universal e percorre a historia: as fronteiras, a loita polos recursos e a loita de clases.

Nesta historia hai disputa polo dereito a pescar. Hai peixe que non entende de fronteiras e pace onde máis lle presta sen pastor que o guíe. Hai quen tenta valerse do seu poder para levar o que non lle corresponde. Hai quen llo tenta impedir e impídello. Hai disputa. Hai dignidade. Hai quen se avergoña dos seus compatriotas e defende aos da súa clase. Hai mortos. Hai choros. Hai festa. Hai baile. Hai irmandade. Hai fronteiras. Ou non.


Ficha artística-técnica
Autoría: Gabriel Feixóo de Arauxo
Dramaturxia: Javier Alonso de Castilla
Dirección: Fran Núñez
Elenco: Rogério Boane, Sílvia Brito, Carlos Feio, Eduarda Filipa, António Jorge, Grasiela Müller, Fran Núñez, Aisa Pérez e Solange Sá
Equipo espazo escénico: Salvador Forján, Antonio Mayo, Óscar Ortega, Xaquín Rei, Fernando Rodríguez, René Rodríguez, Suso Rodríguez e Elixio Vieites
Iluminación: Juanjo Amado e Tierri Pinto
Asistente de iluminación: Biqui Cabado
Son e audiovisuais: Antonio G. Budiño y Guillermo Vázquez
Vestiario: Cristina Cordido y María Negreira
Axudante de dirección: Silvia Brito
Apoio verso: Aisa Pérez
Coreografía: Belén Vázquez e Pilar Peña
Composición musical: Xosé Lois Romero e Grasiela Muller coa participación especial de Paulo Bragança
Diseño de produción: Rui Madeira
Produción: Paula Fonseca (CTB) e Francisco Veiga (CDG)
Asistente de produción: Xandre Vázquez
Duración: 80 minutos
Idioma: V.O. en portugués, galego e castelán. Sobretítulos en castelán

contenda

Ligazóns relacionadas



AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal