AGADIC

Centro Dramático Galego


AMIGOS DA ÓPERA DE SANTIAGO en coprodución co CDG: A sombra de Cristal

ESTREA


A RFG pon en escena dúas óperas en coprodución con Amigos da Ópera de Santiago e o Centro Dramático Galego, co apoio do Xacobeo 2021-2022; xunto ás voces da soprano María Hinojosa, o barítono César San Martín e o actor Víctor Mosqueira. Abrirá o concerto "La Serva Padrona" de Pergolesi. Estrearase ademais "A sombra de Cristal" de Fernando Buide, unha ópera bufa con texto en galego e dirección escénica de Quico Cadaval.

Previamente, ás 19.45 h na Sala Mozart, Conversando con... Quico Cadaval e Fernando Buide.

Sinopse
A SOMBRA DE CRISTAL, un xogo de espellos.
Un brinquedo cómico que voa nas escumantes e inspiradas melodías de Fernando Buide. O seu xénero? Unha ópera bufa que xoga ás agachadas con La serva padrona de Pergolesi.
Frívola e lixeira, A Sombra de Cristal é coma o salto dun golfiño que, gracioso, brilla brevemente ao sol, para mergullar outra vez nas cristalinas augas.
Que pasa na Sombra d e Cristal?
Trocado é un conselleiro da Xunta de Galicia. Ten ao seu cargo un departamento de evanescentes competencias: a Consellería de Harmonía e Innovación. Culto, sensible e tímido (como vemos, trátase dunha personaxe de fantasía) teme os espazos abertos e os eventos multitudinarios. É barítono.
Por fortuna para el, conta coa protección de Cristal, a protagonista. É a súa xefa de prensa, creativa, moderna e visionaria. É unha merla branca, unha incomprendida na rutinaria actividade autonómica. É soprano.
Tamén está Marcial, o policía que coida da seguridade do conselleiro. Un exmilitar de pasado heroico que se sente rebaixado a gardacostas. Non canta.
Cristal ve como, unha e outra vez, os seus proxectos chocan coa desidia de Trocado que se entrega á melomanía e ao hedonismo.
Cristal tece, coa axuda de Marcial, un plano para rematar coa situación. Un plano brillante. Non conta con que Trocado, grande coñecedor da música barroca, detecta sorprendentes semellanzas entre as astucias de Cristal e o argumento de La serva padrona.
O final chega luxoso, con champaña e música de Fernando Buide.


Ficha artística:
G. B. Pergolessi: La serva padrona
F. Buide del Real: A sombra de Cristal*
*Estrea absoluta. Encargo RFG & Asociación de Amigos da Ópera de Santiago

Real Filharmonía de Galicia
Paul Daniel, director
María Hinojosa, soprano
César San Martín, barítono
Víctor Mosqueira, actor
Fernando Buide del Real, composición
Quico Cadaval, texto e director de escena
Fidel Díaz, iluminación



AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal