AGADIC

Centro Dramático Galego


AINÉ PRODUCIÓN en coprodución con A QUINTA DO CUADRANTE, CONCELLO DA CORUÑA e CDG: Continente María

Dirección: Tito Asorey
Elenco: Melania Cruz e Vadim Yukhnevich

Continente María é un canto á vida e ao teatro a través do diálogo coa extraordinaria figura de María Casares.

Mediante as múltiples posibilidades que nos ofrece o teatro, evocamos a María non só como a inesquecible actriz que foi, senón tamén como o ser humano que se entregou con absoluta intensidade á vida e á escena para vencer o medo e sobrepoñerse ao exilio, descubrindo nas táboas a súa verdadeira patria.

Casares preséntasenos como un mapa a percorrer, mais non como turistas, senón como viaxeiras curiosas, gozando dos detalles que nos proporciona a súa paisaxe, chea de vitalidade e ganas de vivir en presente absoluto todo o que a realidade e a poesía nos pode ofrecer. Un mapa dun Continente inabarcable no que queremos permanecer porque estamos seguras de que vivir nel nos fará mellores, como individuos e como sociedade.

Conversamos co legado de María tratando de recoller a retranca, o humor e a musicalidade que se desprende das súas entrevistas e escritos, que se descobren ante nós como un faro que dá luz e claridade a un presente que precisa referentes de liberdade e compromiso.


Ficha artística:
Texto: Marianella Morena
Dirección: Tito Asorey
Elenco: Melania Cruz e Vadim Yukhnevich
Iluminación e audiovisuais: Laura Iturralde
Escenografía: José Faro "Coti"
Vídeo: Jairo Iglesias
Deseño de cartel e imaxe gráfica: Lidia Cao

continente_maria


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal