Festina lente é unha locución latina cuxa tradución literal é «Apresúrate amodo».
Esta peza busca unha reflexión do momento presente nun mundo no que a pantalla coloniza as nosas relacións. Corpos multitarefa, corpos cansos, corpos expostos, corpos saturados polos mecanismos dun tempo que non entende de pausas.
Preguntámonos se é posible o encontro, mirar iso que non se ve, entrar e parar. Preguntámonos como deixar xurdir novas realidades fóra dos remuíños do ca- pitalismo que devora, cada vez máis, a corporalidade. Preguntámonos polas estratexias dos corpos para lograr permanecer xuntas frente a alienación.