AGADIC

Centro Dramático Galego


CDG Coproducións: Tartufo. Projeto NÓS/NOUS

De Molière
Tónan Quito, director

Tratándose dun proxecto internacional, esta posta en escena de Tartufo é falada en tres linguas: portugués, galego e francés.

No espectáculo emprégase o texto orixinal de Molière, en francés e en verso rimado; a tradución de Manuel João Gomes a portugués, en verso non rimado; e a tradución de Loli Ramos Duarte, a galego e en prosa. Portugal: falas en galego e francés subtituladas en portugués, a partir da tradución portuguesa Galicia: falas en francés subtituladas en galego, a partir da tradución galega. Francia: falas en portugués e galego subtituladas en francés, a partir do texto orixinal.

NÓS/NOUS é un proxecto internacional que pretende ampliar o intercambio da cultura teatral entre Francia, Galicia e Portugal, asumíndoo como un territorio escénico común. Levado a cabo por catro teatros e por catro escolas superiores de arte dramática, promove a profesionalización e internacionalización de estudantes na fin do período académico, a través do contacto con creadores de renome internacional. A edición de 2022 conta coa dirección do portugués Tónan Quito.


Ler máis

tartufo

Documentos relacionados

Próximas representacións

30 de xuño - 2 de xullo

TEATRO NACIONAL SÃO JOÃO (Porto)
Teatro Carlos Alberto


7 de xullo - 9 de xullo

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)


15 de xullo - 16 de xullo

LES CÉLESTINS - THÉÂTRE DE LYON




AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal