AGADIC

Centro Dramático Galego


CDG Obras: Recortes, caneos e outras formas de driblar

De Nacho Carretero e José L. Prieto
Tito Asorey, director

Recortes, caneos e outras formas de driblar recrea un de tantos partidos de fútbol do século e todo o que o rodea.
Recortes, caneos e outras formas de driblar recrea o comportamento de xogadores, adestradores, xornalistas, directivos, árbitros, seareiros e demais personaxes principais, secundarios ou figurantes que conforman o espectáculo futbolístico.
Recortes, caneos e outras formas de driblar é un paseo lúdico, crítico e musical polo mundo do fútbol. Un paseo polo que se ve no campo e os arredores, e tamén un paseo polo oculto, polo que sucede fóra da nosa visión, nos vestiarios, nos palcos e mesmo no interior das cabezas dos protagonistas.
Recortes, caneos e outras formas de driblar é un choque entre a razón e a emoción.
Recortes, caneos e outras formas de driblar é un partido entre o cómico e o dramático.
Recortes, caneos e outras formas de driblar é un xogo entre os intérpretes e o espectador.
Que gane o mellor!


Ler máis

recortes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal