AGADIC

Centro Dramático Galego


COMPANHIA DE TEATRO DE BRAGA: Calígula

QUINTAS DO CAMÕES. Quintas-feiras da língua portuguesa no Salón Teatro de Santiago de Compostela


Un texto de Albert Camus con dirección de Manuel Guede Oliva.
Porque Calígula é o coche sen freos contra o destino, a revolta contra a condena á morte do home polo feito do ser, o desafío contra todo e contra todos dun ser humano que aínda non souben converter o absurdo do mundo en felicidade.
Na escena nove do primeiro acto proclama Calígula a súa decisión de exercer un poder sen fronteiras, a que responde Cesónia con declarada tristeza "non sei se hai que alegrarse por iso". Exactamente. Non ten que alegrarse por iso. E por iso as democracias do mundo construíron fórmulas para instalar fronteiras contra os desexos do poder sen fronteiras. Chámase a iso Estado de Dereito. Mecanismos que protexen (ou debían) o cidadán da arbitrariedade e da tentación autocrática. E ao gobernante da atracción do abuso. E, con todo, hai ocasións en que esta certeza, aínda se torna necesario ser proclamada, defendida, armada de argumentos, porque como afirmaba Dürrenmatt estes "son tempos estraños en que hai que loitar polas evidencias".


caligula


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal