AGADIC

Centro Dramático Galego


COLECTIVO LAS HUECAS: Aquellas que no deben morir

ESCENAS DO CAMBIO. FESTIVAL DE TEATRO, DANZA E ARTE EN ACCIÓN


Aquellas que no deben morir é un espectáculo que coloca na esfera pública un tema aínda tabú: a morte e a súa xestión privada. Para iso, Las Huecas traballan a partir dos imaxinarios (ás veces precarios) que as xeracións novas teñen sobre os procesos de traspaso.

Desde unha perspectiva política e poética, o espectáculo lanza luz aos abusos da industria funeraria e á capitalización do deceso. Trátase dunha posta en escena a medio camiño entre o teatro documental e a experimentación dos rituais, onde, ademais das performers, interveñen Núria Isern, traballadora do sector funerario e Júlia Sánchez, activista pola soberanía da morte. Aquellas que no deben morir é unha proposta emancipadora porque permite interromper os relatos convencionais sobre o morrer, unha experiencia teatral que se definiu desde a crítica como "algo que non podes nomear, pero que cando estás diante diso, sabes que non o viches antes’’. Espectáculo gañador do premio Apuntador 2021 e premio Novaveu da Crítica.

Las Huecas
Nace no ano 2016 co obxectivo de levar a cabo creacións escénicas desde a práctica colectiva. Como agrupación transitan por todo tipo de identidades: investigadoras etnógrafas, banda de punk ou debuxantes de cómic. Sitúanse nunha estética híbrida; herdeiras da tradición paródica e satírica catalá, influenciadas polas propostas do teatro documental, polas teatralidades visuais e do obxecto e, finalmente, polas experiencias liminares da performance. Traballan a partir dun carácter netamente investigador a noción de performatividade "da retirada’’, a vulnerabilidade dos corpos, os xogos febles dos códigos teatrais, o xogo de máscaras das identidades individuais, a dramaturxia permanente e fragmentaria así como a abolición das estruturas xerárquicas na creación.


Ficha artística:

Creación: Colectivo Las Huecas
Performers: Esmeralda Colette, Andrea Pellejero, Núria Corominas, Júlia Barbany
Composición de espazo sonoro: Adrià Girona
Dirección técnica: Sofía A. Martori
Deseño de luces: Ana Rovira
Artefactos: Dani García
Asist. procesos de dó: Júlia S. Cid, parte de Som Provisionais
Asist. funerario: Núria Isem
Produción: Esther Fernandes
Fotografía: Roc Pont, Helena Roig e Mila Ercoli
Co-produción de Antic Teatre, La Infinita de l'Hospitalet e Festival TNT

Cataluña | 90 min | 9 €
Idioma: castelán

lashuecas


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal