Crisálida é o espectáculo número 25 da compañía, co que Caramuxo Teatro cumpre 20 anos de traxectoria.
Con esta comedia queren destacar a importancia do comercio tradicional nun mundo globalizado, cada vez máis dixitalizado; facer unha homenaxe a este concepto de comercio que crea convivencia e comunidade.
Crisálida é un espectáculo de máscara, con catro actores e doce personaxes. Historias, e lugares, coma a da mercería Crisálida, máis baseadas nas relacións humanas e non só no beneficio económico, deben ser protexidas e recuperadas, porque ademais son parte da nosa historia e do noso patrimonio como seres humanos.
Acceso ao espectáculo
Non haberá venda de entradas para público xeral. Non obstante, as persoas que queiran asistir poderán recoller un convite por espectáculo na oficina de coordinación da Zona PRO (Centro Obra Social Abanca, Praza de Cervantes, s/n, Santiago) os mesmos días de celebración de Galicia Escena PRO, en horario de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas.
O acceso aos espectáculos realizarase na seguinte orde: persoas acreditadas con entrada reservada, persoas acreditadas sen reserva de entrada e público xeral con convite.