AGADIC

Centro Dramático Galego


XPECTACULO: A MAXIA DAS MENTES MATERIAIS

Proxecto XSCAPE_ Material Minds. INCIPIT


XPECTÁCULO: A maxia das mentes materiais é unha combinación de neurociencia, arqueoloxía e maxia para explicar aspectos das dúas primeiras disciplinas, e particularmente do funcionamento da mente e a cognición, empregando a maxia como método.

Os presentadores principais son Luis M. Martínez (neurocientífico), Jordi Camí (neurocientífico e mago) e Miguel Angel Gea (mago). Ademais contará con breves intervencións de Andy Clark (Univ de Sussex), Johannes Müller (Univ de Kiel) e Felipe Criado-Boado (Instituto de Ciencias do Patrimonio-INCIPIT do CSIC). Todos eles, xunto con Luis M. Martínez, son investigadores principais do Proxecto XSCAPE Material Minds, financiado polo Consello Europeo de Investigación (ERC) no marco da súa convocatoria Synergy Grant.

O proxecto coordínase dende Galicia e Santiago a través da participación do INCIPIT. XPCTÁCULO está deseñado e concibido para presentar este proxecto dun xeito atractivo e útil ao público xeral e profesionais da investigación.


xpectaculo_maxia


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal