AGADIC

Centro Dramático Galego


Concertos Mércores de Varanda: LAW

Actuacións cara á rúa Nova desde o balcón do Salón Teatro


En colaboración coa Aceleradora de Proxectos Musicais Sonemerxente da Fundación Paideia e a Xunta de Galicia (con financiamento dos fondos NextGenerationEU - Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia)

Law é unha artista galega multidisciplinar cuxas composicións combinan as influencias do R&B, o hip hop, o soul, o funk e mesmo melodías con reminiscencias nipoas. Deste xeito, os seus temas adquiren unha sonoridade única e vibrante. Pretende buscar o equilibrio entre a música urbana desenfadada e as liñas vocais e letras complexas e coidadas. A través destes elementos xérase un estilo melancólico que chega ás persoas pola súa honestidade, flow e paixón. Mediante a súa obra, vinculada ás manifestacións artísticas clásicas, sinala as desigualdades do mundo á vez que explora e desentraña o seu propio.


law


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal