AGADIC

Centro Dramático Galego


tarara_paxina_obra_grande

CDG: Tarará - Chis - Pum!

Autor: Creación colectiva baseada na obra de Artello Teatro

Ano: 2007

Dirección: Artello - Teatro Alla Scala 1:5 (Rosa Hurtado e Santiago Montenegro)

A compañía Artello Teatro estreou Tarará-chis-pum o 15 de novembro de 1978 na Sala Carral (Vigo). Foi o primeiro espectáculo profesional de teatro infantil feito en Galicia. A boa acollida que tivo por parte do público materializouse na realización de noventa funcións e na súa prolongación en cartel ata setembro de 1981. Este espectáculo recibiu a Mención Especial na primeira edición dos Premios da Crítica Galicia-1979.

O Centro Dramático Galego, neste reencontro coa peza no ano 2007, mantén no esencial a súa estrutura dramática e, sobre todo, o espírito de creación colectiva. Con esta nova posta en escena e cun novo elenco integrado maioritariamente por actores xoves, trata de facer unha invitación renovada ao xogo. Un xogo baseado na imaxinación, na ilusión, na vontade, na nudez... recursos que están ao alcance de todos nós.

En Tarará-chis-pum!, unha compañía de actores conta a historia dunha rapaza, pequena aprendiz de pallasa que perde o riso na escola. Para encontralo, emprende unha viaxe fantástica que a levará a percorrer espazos como un mercado, o fondo do mar, o bosque ou mesmo a lúa. Tras unha intensa busca, a acción acaba no circo, onde por fin a pallasa atopará o seu riso. Nesta viaxe, os actores darán vida a máis de corenta personaxes humanas, animais, vexetais e mesmo obxectos.


Santiago Montenegro comeza a súa relación co teatro o ano 1977, aos dezasete anos, no grupo Teatro Popular Galego, xermolo de Artello Teatro, en cuxa fundación participa o ano seguinte. Como actor e/ou técnico de iluminación -entre outras moitas tarefas- traballa en todas as montaxes desta compañía ate o ano 1984, no que se crea o Centro Dramático Galego.

A finais de 1985, tras participar en produccións do CDG como actor (Woyzeck) e axudante de dirección (Os vellos...), retoma o traballo da compañía Artello Teatro, co que foi o seu primeiro traballo de dirección, Gulliver FM, de A. R. Reixa. A partir dese momento, dirixe os espectáculos de Artello Almas perdidas (1987) -producido polo CDG-, Gran Venta 10º Aniversario (1988), Batea (1990) e A matanza dos Seixas (1993).

Outros traballos salientables durante este período son a dirección de escena da opereta multimedia After-shave (1986), de A. R. Reixa e a codirección de A cena (1987) da Asemblea de Actores, Directores e Técnicos de Teatro.

En febreiro de 1994, Rosa Hurtado e Santiago Montenegro, coa colaboración de Manuel Pombal na dirección de escena, compoñentes de Artello, deciden iniciar unha nova etapa da compañía, caracterizada fundamentalmente por un xeito de produción máis artesanal, razón pola cal engaden o sobrenome Teatro alla scala 1:5.

Malia os cambios substanciais no formato da compañía e dos espectáculos, deciden manter como base da súa liña de traballo a que sempre foi e segue a ser a característica esencial da súa traxectoria: a creación creativa.

Tras case ano e medio de traballo de creación e de construción, o 23 de xuño de 1995 estrean en Vilagarcía de Arousa a montaxe A do libro (Aventuras de Perello de Chora-que-logo-bebes). Foi galardoada co Premio á Mellor Estética Visual na Mostra Internacional de Titelles a la Vall d’Albaida (Valencia). A este espectáculo sucedéronlle, na mesma liña de traballo, Unha de amor (1999) – Premio á Mellor Posta en Escena e Produción na "IX Feria Europea de Teatro para Niñ@s (FETEN)" (Xixón)- Amadís de Algures (2002) e De fábula (2005). Con estes espectáculos participaron –e participan- en numerosos festivais e programacións, alén de en campañas escolares por toda a Península.


Anabel Gago
Avelino González
Bea
Noemi Rodríguez
Fran Peleteiro
Manuel Polo
José Carlos Illanes


Espazo escénico e vestiario: Carlos Alonso
Iluminación: Santi Montenegro e Santi Mañasco
Dirección musical: Manuel Pombal
Attrezzista: Santos Carrera
Asesoría de maquillaxe: Dolores Centeno
Asistencia de vestiario: Clotilde Vaello
Fotografía: Tono Arias
Deseño gráfico: Signum Deseño
Realización espazo escénico: Talleres AGADIC
Realización estruturas metálicas: Fredi Vidal e J. Meixoeiro S.L.
Realización vestiario: Concha Abad e Clotilde Vaello
Unidade didáctica: Cristina Pérez Asenjo
Revisión lingüística: Rosetta


Febreiro 2007

Vigo no Centro Cultural Caixanova
Venres 2. Estrea. 20:00 horas
Sábado 3. Función. 18:00 horas
Domingo 4. Función. 18:00 horas

As Pontes no Cine Alovi
Mércores 7. Función escolar. 10:30 horas
Xoves 8. Función escolar. 10:30 horas
Venres 9. Función. 18:00 horas

Ferrol no Teatro Jofre
Xoves 15. Función escolar. 11:00 horas
Venres 16. Función escolar. 11:00 horas
Sábado 17. Función. 20:30 horas

Ourense no Teatro Principal
Xoves 22. Función escolar. 11:00 horas
Venres 23. Función escolar. 11:00 horas
Sábado 24. Función. 18:00 horas

Xixón no Teatro Jovellanos
Luns 26. Función. 10:30 horas

A Coruña no Fórum Metropolitano
Mércores 28. Función escolar. 11:00 horas

Marzo 2007

A Coruña no Fórum Metropolitano
Xoves 1. Función escolar. 11:00 horas
Venres 2. Función escolar. 11:00 horas
Sábado 3. Función. 19:00 horas
Luns 5. Función escolar. 11:00 horas

Santiago de Compostela no Salón Teatro
Mércores 7. Función escolar. 11:00 horas
Xoves 8. Función escolar. 11:00 horas
Venres 9. Función escolar. 11:00 horas
Sábado 10. Función. 18:00 horas
Domingo 11. Función. 18:00 horas
Mércores 14. Función escolar. 11:00 horas
Xoves 15. Función escolar. 11:00 horas
Venres 16. Función escolar. 11:00 horas
Sábado 17. Función. 18:00 horas
Domingo 18. Función. 18:00 horas
Mércores 21. Función escolar. 11:00 horas
Xoves 22. Función escolar. 11:00 horas
Venres 23. Función escolar. 11:00 horas
Sábado 24. Función. 18:00 horas
Domingo 25. Función. 18:00 horas
Mércores 28. Función escolar. 11:00 horas
Xoves 29. Función escolar. 11:00 horas
Venres 30. Función. 18:00 horas
Sábado 31. Función. 18:00 horas

Abril 2007

A Estrada no Teatro Principal
Mércores 11. Función escolar. 11:00 horas
Xoves 12. Función. 18:00 horas

Narón no Auditorio Municipal
Venres 20. Función. 20:30 horas
Sábado 21. Función. 20:00 horas

Foz no Auditorio Municipal
Martes 24. Función escolar. 11:00 horas
Mércores 25. Función escolar. 11:00 horas
Xoves 26. Función escolar. 11:00 horas
Venres 27. Función escolar. 11:00 horas
Sábado 28. Función. 20:30 horas


Ver todas

Galería de imaxes

Anterior Ampliar Seguinte



AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal