AGADIC

Centro Dramático Galego


DVP_580x250

CDG Obras: Divinas Palabras Revolution

De Ramón María del Valle-Inclán

Ano: 2018

Xron, director

Escritor e dramaturgo español, Ramón María del Valle-Inclán foi un dos grandes autores de principios de s. XX, exemplo de Modernismo literario e membro da chamada Xeración do 98.

Nacido en Vilanova de Arousa (Pontevedra) no seo dunha familia acomodada vinda a menos, Valle-Inclán estudou en Santiago de Compostela a carreira de Dereito, máis por desexo do seu pai que por propia convicción. Tras a morte do seu proxenitor en 1890 abandonou os estudos e trasladouse a Madrid, onde comezou a facerse coñecido en faladoiros e cafés. Alí gaña diñeiro con colaboracións xornalísticas e publicando algúns contos, pero en 1892 decide viaxar a México onde seguiría ligado ao mundo do xornalismo, como articulista e tradutor. De novo en terras galegas, é en Pontevedra onde mostra o seu renovado enxeño e vese influído polo decadentismo. En 1894 publicaría Femininas, a súa primeira antoloxía.

Instalado en Madrid, empeza a coñecer personaxes destacados como Pío Baroja, Azorín ou Benavente, frecuentando cafés e malvivindo con moi poucos recursos económicos. En 1896, tivo unha disputa con Manuel Bueno que desembocou nunha ferida que lle gangrenou o brazo, provocando a súa amputación. A súa figura de manco, con abundante barba e pelo longo, converteríase en aceno inconfundible de identidade.

Pouco despois comeza a súa carreira como dramaturgo, estreando obras como Cenizas, e empeza a formar parte do movemento de fin de século xunto a autores como Unamuno. Chegado xa o século XX, Valle-Inclán publicou as súas famosas Sonatas.

Quizais a súa etapa máis creativa viría a partir de 1910, con obras como Voces de Gesta ou La marquesa Rosalinda, aínda que non todas as críticas que recibe son tan positivas como cabería agardar. Daquela a obra de Valle-Inclán vólvese máis persoal e decide dedicarse á novela. Deste período cabe destacar Tirano Banderas (1926) e as pezas Divinas palabras (1919), que se anuncia como traxicomedia de aldea nun contexto galego, e Luces de bohemia (1920) na que o esperpento se mestura coa realidade do Madrid dos cafés e a cínica tradición española.

Valle-Inclán morreu en Santiago de Compostela o 5 de xaneiro de 1936.


Intégrase no grupo Chévere en 1988, realizando labores de creación de textos, produción teatral, interpretación e dirección artística e escénica en máis de 30 espectáculos. En 1992 participa na creación da Nave de Servizos Artísticos-Sala NASA, ocupándose da xerencia e dirección artística desde 1992 a 2011. Foi membro da xunta directiva da Red de Teatros Alternativos (1999-2003) e do Consello Asesor do Centro Dramático Galego (2006-2009). Entre 2002 e 2005 formou parte do Colectivo Burla Negra e da Plataforma Nunca Máis, participando na creación e desenvolvemento de proxectos de axitación cultural como O País de Nunca Máis, Foro Negro da Cultura e Hai que botalos. Formou parte do equipo de dirección do proxecto A Cultura Circula (2006), promovido pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural. En 2010 participa na creación da plataforma dixital de contidos culturais Redenasa.tv. Dirixe o programa de residencia teatral de Chévere en Teo desde 2012, ocupándose dos labores de mediación cultural. En 2015 exerce como coordinador do Grupo de Traballo de Cultura da plataforma cidadá Compostela Aberta. Desde ese mesmo ano actúa como mediador artístico da Berberecheira, laboratorio de creación escénica con sede en Teo. Participou como relator en diversos foros, encontros e congresos sobre artes escénicas. Ten experiencia como editor en UltraTextos, instigador poético (1986-1990), crítico de arte (1988-1998) e publicou numerosos textos en fanzines, catálogos, revistas e monografías.


Manuel Cortés: Pedro Gailo
Antón Coucheiro: Sétimo Miau
Patricia de Lorenzo: Marigaila
Borja Fernández: Migueliño
Mónica García: Marica do Reino
Tone Martínez: Candás
Victoria Pérez: Tatoola
Ánxela Ríos: Simoniña
Tomé Viéitez: Laureano

* Coa colaboración especial de Mónica Camaño no vídeo como Xoana a Raíña


Equipo artístico
Versión: Manuel Cortés e Xron
Dirección e dramaturxia: Xron
Escenografía: Suso Montero
Vestiario: Mar Fraga
Iluminación: Fidel Vázquez
Música orixinal e espazo Sonoro: Xacobe Martínez Antelo. Coa colaboración especial no tema "Macho cabrío" dos músicos Manuel Cebrián (cordas), Xosé Miguelez (saxofón) e Javier Pereiro (trompeta)
Espazo audiovisual: Quadra Producións/Cuco Pino
Asistencia técnica audiovisual: Semi Soto
Caracterización: Fanny Bello
Deseño gráfico das tatuaxes: Iván Nespereira
Tradución: Manuel Cortés
Asesoría lingüística: Rosa Moledo
Asistencia de dirección: Arantza Villar
Asistencia de produción: José Díaz

Realizacións
Escenografía e utilería: Equipo técnico do CDG
Vestiario: Equipo técnico do CDG e do Centro Coreográfico Galego (CCG). Coa colaboración de Josefina Martínez e María Porto
Caderno pedagóxico: Mayte Leis e Susana Madera (GÁLIX)
Fotografía: Miramemira
Deseño gráfico: Trisquelia

Agradecementos
A CRTVG, Esther Medina e José Pereira | A todo o equipo do programa Galicia Noticias e a Marga Pazos | A todo o equipo do programa Vivan as tardes, Pili Pampín, El Progreso e Zenit TV | A todo o equipo do programa Land Rober e a Roberto Vilar | A CTV | A Xana García | A José Gallo Rouco, Jacobo Gallo e GFStudio | Ao Consorcio de Santiago e Juan Conde | A Clarisa Alcalde, Mari Carmen Ares, Suso Argibay, Centro Residencial Juan Vidán Torres Aspas (Laraño), Chusko, Clínica Blanco Ramos e o seu equipo de protésico, Carlos Boado, Títeres Cachirulo e Jorge Rey, Dani García, Fundación Eugenio Granell, Cielo Lista, César Lombera, Negociado de Servizos Básicos, Mercados e Transportes do Concello de Santiago de Compostela, Mónica Paradela, Elisa Pazos, Luis Pedrouzo, RTA e Miguel Soto, Margarita Santos Zas, TESEC, Turismo de Santiago e Yolanda Ferro, Casa Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal e XESGAL.


Maio

Carballo, no Pazo da Cultura
Venres 4. Función.

Ourense, no Teatro Principal
Xoves 11. Función. 20.30 h
Venres 12. Función. 20.30 h

Madrid, no Teatro Español
Xoves 17. Función. 20.00 h
Venres 18. Función. 20.00 h
Sábado 19. Función. 20.00 h
Domingo 20. Función. 19.00 h
Martes 22. Función. 20.00 h
Mércores 23. Función. 20.00 h
Xoves 24. Función. 20.00 h
Venres 25. Función. 20.00 h
Sábado 26. Función. 20.00 h
Domingo 27. Función. 19.00 h

Xuño

O BARCO DE VALDEORRAS, no Teatro Municipal Lauro Olmo
Venres 1. Función. 21.00 h

A CORUÑA, no Teatro Rosalía Castro
Venres 8. Función. 20.30 h
Sábado 9. Función. 20.30 h

PONTEVEDRA, no Auditorio Afundación
Xoves 14. Función. 20.30 h

RIANXO, no Auditorio Municipal
Sábado 16. Función. 21.00 h

VIGO, no Teatro Afundación
Xoves 14. Función. 20.30 h

CANGAS, no Auditorio Municipal
Venres 29. Función.


Ver todas

Galería de imaxes

Anterior Ampliar Seguinte



AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal