AGADIC

Centro Dramático Galego

terceiro_acto_580x250

CDG obras: Terceiro acto

De Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez, a partir de improvisacións co elenco

Ano: 2021

Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez, directoras

A idea da conversa sempre está moi presente nos nosos espectáculos. Gústanos a idea do teatro como un foro, como un espazo de negociación que serve para tender pontes, para contradicirnos e para achegarnos uns aos outros.

Esta idea de conversación resúltanos profundamente conmovedora e para Terceiro acto, ante a pregunta de como podiamos permanecer vinculados ao pasado nun tempo no que a fenda entre xeracións é tan grande que parece que non podemos herdar as experiencias dos que nos anteceden, propuxémonos ter unha longa e profunda conversa cun grupo de persoas maiores de 60 anos e que ademais dedicaran a súa vida á arte da interpretación e do teatro.

No camiño atopamos cinco persoas extraordinarias, cinco actrices e actores que se entregaron con absoluta xenerosidade á empresa de utilizar o teatro como un lugar para reencontrarse e reflexionar sobre certas cuestións que foron xurdindo ao longo do proceso e converténdose en relevantes. Reflexionamos sobre ese esplendor vital que emana moitas veces do que poderiamos dar en chamar "o terceiro acto dunha vida", preguntámonos como é o proceso de irse facendo maior, falamos dos anhelos, das perdas, dos soños que lles quedan por cumprir dentro e fóra dun escenario, do lugar onde nos coloca a sociedade ao írmonos facendo maiores. Xuntos, lembramos e reflexionamos sobre días pasados, analizamos o impacto da arte na vida destes cinco artistas e buscamos comprender como a historia destas mulleres e homes foi atravesada pola Historia con maiúscula. Cinco persoas que naceron nunha ditadura e que na súa mocidade creron que podían comezar de cero e loitar por un novo mundo. En Terceiro acto analizamos tamén o seu legado e formulamos hipóteses sobre como será o mundo cando eles xa non estean.

Neste momento no que a historia corre a una velocidade endiañada, detémonos para escoitar atentamente, nunha especie de soño poético, a aqueles que van diante de nós, os gardiáns da memoria.

Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez

Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez son Teatro En Vilo. No ano 2013 fundan en Londres a compañía, que funciona como plataforma para colaboracións internacionais e interdisciplinarias entre creadores de escena, artistas e investigadores que proveñen de distintos países de todo o mundo.

A compañía persegue un constante diálogo co seu contorno social, político e persoal, o que a obriga a renovar constantemente a súa linguaxe escénica.

Desde os seus espectáculos, Andrea e Noemi buscan situarse na fina liña que separa o teatro da vida e a ficción da realidade. Combinando o improvisado e o coreográfico, o grotesco e o autobiográfico, o humor absurdo e a comedia xestual, a tenrura e a irreverencia, o tándem creativo que son Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez lanzouse á apaixonante aventura de intentar desentrañar o tempo no que vivimos.

Desde a creación da compañía, os seus espectáculos visitaron numerosas cidades europeas e percorreron gran parte do territorio español. Nas súas viaxes a compañía tivo a oportunidade de pisar os escenarios de teatros e festivais de prestixio como o Centro Dramático Nacional, os Teatros del Canal, o Centro Cultural Conde Duque, o Edinburgh Fringe Festival, o BE Festival, o Buffer Fringe ou o Mimetic Festival de Londres, entre outros. A compañía tamén recibiu numerosos premios, entre eles o Premio Ojo Crítico de Teatro 2019, Premio do Público na Mostra de Ribadavia 2020, Premio do Xurado e Premio do Público no Festival Presente-Futuro de Palermo, Mellor Compañía Emerxente no Mimetic Festival e recibiu catro candidaturas aos Premios Max nas categorías de Mellor Espectáculo e Mellor Autoría Revelación por tres dos seus espectáculos.

Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez, a partir de improvisacións co elenco

Belén Constenla
Roberto Leal
Fernando Morán
Mabel Rivera
Eduardo R. Cunha "Tatán"

Texto: Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez, a partir de improvisacións co elenco
Dirección e dramaturxia: Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez

Equipo artístico
Escenografía: Marta Pazos
Vestiario: Yaiza Pinillos
Iluminación: Miguel Ruz Velasco
Espazo sonoro: Hugo Torres
Coreografía: Amaya Galeote
Asistencia de dirección: Laura Míguez
Asistencia de escenografía: Carmen Triñanes
Asistencia de produción: Xandre Vázquez

Realizacións
Escenografía e utilería: Equipo técnico do CDG
Vestiario: Equipo técnico do CDG
Máscaras: Beatriz Nieto
Fotografías e vídeos: Miramemira
Deseño gráfico: Trisquelia
Coordinación e corrección de textos: Rosa Moledo

Ver todas

Galería de imaxes

Anterior Ampliar Seguinte

AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal