AGADIC

Centro Dramático Galego


ifixenia_proxecto_nos_580x250

CDG Coproducións:Ifixenia. Projeto NÓS/NOUS

De Tiago Rodrigues

Ano: 2023

Claudia Stavisky, directora

Iso é o que quero transmitirlles a eses mozos e mozas que están a punto de iniciar a súa carreira no mundo do teatro.
A través dunha experiencia singular de comuñón europea, que transcende as nacións, os idiomas e as identidades, arredor dun dos máis grandes mitos fundadores da nosa historia común: o de Ifixenia.
O xenio de Tiago Rodrigues ofrécenos nesta obra un material extraordinario para afondar na nosa memoria compartida, consciente ou inconsciente, do poder, da guerra, da violencia, da xustiza, do amor, da patria, da morte, do individuo ante o mundo.
Imaxine un «bistrot» unha «taverna», unha «fonda», onde, dende hai multitude de xeracións, as persoas comen, toman copas, cohabitan alegremente, se cruzan, falan, bailan xuntas... Onde os nenos e as nenas de hoxe se chaman Orestes, Electra, Ifixenia, xogan ao fútbol no descampado do lado sen recordar de onde procede o seu nome...
E, de súpeto, chega alguén ou algo que esixe que o recordemos.
Velaí esa estraña viaxe...

Claudia Stavisky (directora)


Tiago Rodrigues

Nado en Amadora (Portugal) en 1977, Tiago Rodrigues é o actual director do Festival de Aviñón. Tamén é actor, director de teatro, dramaturgo e produtor.
Traballou coa compañía tg STAN en 1997, o que influíu enormemente nas súas creacións, sobre todo na súa inclinación polo traballo colaborativo. En 2003, fundou a compañía Mundo Perfeito e creou preto de 30 espectáculos que se presentaron nunha vintena de países. Entre 2015 e 2021 foi o director artístico do Teatro Nacional D. Maria II.
Recibiu numerosos premios e distincións polo seu traballo, en particular o premio Pessoa en 2019. Entre os seus espetáculos máis recentes atópanse Catarina e a beleza de matar fascistas (2020) e O Cerejal, creado para o Festival d’Avignon (2021). Varias das súas obras foron presentadas nos Célestins nos últimos dous anos, como O coro dos amantes, Ifixenia ou Na medida do imposible.


Claudia Stavisky

Nada en Bos Aires, Claudia Stavisky chegou a Francia en 1974 para estudar no Conservatorio nacional superior de arte dramática. Comezou a súa carreira baixo a dirección de Antoine Vitez, despois, actuou en obras de autores de renome antes de asinar as súas primeiras producións teatrais en 1988.
No ano 2000, asumiu a dirección dos Célestins. Dirixiu unha trintena de espectáculos con xiras por Francia e en todo o mundo, alternando creación contemporáneas e clásicas.
Claudia Stavisky tamén está comprometida coa formación de actores e realizou numerosos obradoiros de práctica artística en cárceres, casas de traballadores inmigrantes e barrios desfavorecidos.
As súas últimas creacións son unha homenaxe aos clásicos: A Praza Real de Corneille, A triloxía do Veraneo de Goldoni, ás grandes obras do século XX: A vida de Galileo de Bertolt Brecht e aos textos contemporáneos : Rabbit Holede David Lindsay Abaire, Escena dunha execución de Howard Barker.


João Amaral
Laura García Recarey
Pedro Nunes
Hippolyte Orillard
Lúa Pagán
Catarina Pitrez
Francisca Queiroz
Christophe Vauthey


Texto: Tiago Rodrigues
Dirección: Claudia Stavisky
Tradución francesa: Thomas Resendes
Tradución galego: Xosé Couñago
Elenco: João Amaral, Laura García Recarey, Pedro Nunes, Hippolyte Orillard, Lúa Pagán, Catarina Pitrez, Francisca Queiroz, Christophe Vauthey
Asistencia de dirección: Teresa Silveira Machado
Asistencia de dramaturxia: Bañera l. Aboal Díaz
Vestiario: Adriana Figueiredo
Iluminación: Daniel Rodríguez Iglesias
Escenografía: Tomás Richter, Rubén Meireles
Coreografía: Ricardo Moreno
Director de produción: Emmanuel Serafini
Responsable de produción: Luke Gotail
Asistencia de produción: François Meteau
Director xeral: Laurent Patissier
Interno: Milena Menadier
Grazas: Ricardo Moreno
Fotografías: Marion Borna
Colaboración: Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades - Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, Instituto Politécnico do Porto /Escola Superior de Música e Artes do Espetáculo, Instituto Politécnico de Lisboa / Escola Superior de Teatro e Cinema, École Nationale Supérieure des Arts et Techniques du Théâtre / Centro Dramático Galego, Célestins - Théâtre de Lyon, Teatro Nacional D. Maria II, Teatro Nacional São João

Proxecto financiado polo programme européen Erasmus + K2
Duración: 1h15
Espectáculo en linguas galega, portuguesa e francesa

Ifixenia de Tiago Rodrigues está publicada nas edicións Les Solitaires Intempestifs na recompilación Ifixenia, Agamenón, Electra.


Xuño 2022

Lyon, no Célestins - Théâtre de Lyon. Célestine
Venres 16. Función 20.30 h
Sábado 17. Función 20.30 h
Domingo 18. Función 16.30 h

Santiago de Compostela, no Salón Teatro
Sábado 24. Función 20.00 h
Domingo 25. Función 19.00 h

Lisboa, no Teatro Nacional D. Maria II. Teatro-Cine de Torres Vedras
Xoves 29. Función 21.00 h
Venres 30. Función 21.00 h

Xullo 2022

Porto, no Teatro Nacional São João. Teatro Carlos Alberto
Venres 7. Función 22.00 h
Sábado 8. Funcón 20.00 h




AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal