AGADIC

Centro Dramático Galego


Ricardo III

Ricardo III

Autor: William Shakespeare

Ano: 2005

Director: Manuel Guede

"Ricardo III, comedia negra que Shakespeare escribiu, á áltura de 1593, cando era de obra de trinta anos, efectúa, coa crueldade dunha cerimonia despiadada, unha cala pavorosa na sima dos sentimentos humanos. Nunha galopada frenética cara ao trono de Inglaterra, cara ao cume dun país escindido e mesquiño, o duque de Gloucester pon en marcha, con precisión diabólica, un perfecto e sanguinario mecanismo que o converterá en rei, deixando no camiño once cadáveres e mostrándonos, na súa atroz travesía, a maldade do poder en estado puro, enmascarada, iso si, dunha fina e eficacísima retranca. A vinganza, a mentira, o asasinato son as crueis constantes desta paisaxe, na que o xenio de Shakespeare dispuxo o seu misterioso poder estético en escándalo para calquera ideoloxía segundo precisou, ludicamente, Harold Bloom. [...]"

Manuel Guede Oliva, Director


William Shakespeare nace en Stratford-upon-Avon en 1564 e alí morre en 1616. Coñecido como o Bardo de Avon é considerado o escritor máis destacado da lingua inglesa. As súas pezas dramáticas son traducidas a multitude de idiomas e represéntanse en todo o mundo.

Casa con Anne Hathaway en 1582, tres anos máis tarde establécese como actor en Londres e únese ao grupo teatral The Chamberlain's Men, renomeado máis tarde como The King's Men, cos que actuaría no The Globe Theater.

Dentro da súa obra hai que salientar os seus dramas históricos, entre os que se conta este Ricardo III (1593). Shakespeare mestura de xeito xenial a escritura de dramas e de comedias, e gozan de gran recoñecemento os seus sonetos. Entre as súas comedias destacan Traballos de amor perdidos (1593), O soño dunha noite de verán (1595), As alegres comadres de Windsor (1599); das súas traxedias algunhas das máis representadas son Romeo e Xulieta (1595), Xulio César (1600), O Rei Lear (1605), Antonio e Cleopatra (1606), Macbeth (1607) e Hamlet (1601).


Ricardo (Duque de Gloucester, máis tarde Ricardo III) Xosé Manuel Oliveira "Pico"
Clarence (Irmán de Ricardo), Alcalde, Soldado Marcos Viéitez
Hastings, Soldado Artur Trillo
Lady Ana (Viúva de Eduardo, príncipe de Gales, fillo de Henrique VI, casada despois con Ricardo), Xove Príncipe (Fillo da Raíña Isabel e de Eduardo IV) Muriel Sánchez
Rivers (Irmán da Raíña Isabel), Concelleiro, Soldado Miguel López Varela
Raíña Isabel Maxo Barjas
Buckingham, Soldado Miguel Pernas
Stanley, Concelleiro Xúlio Lago
Margarita (Viúva de Henrique IV) Luisa Merelas
Asasino, Crego, Richmond (despois Rei Henrique IV) Toño Casals
Asasino, Tyrrel, Crego, Soldado Rodrigo Roel
Rei Eduardo IV (Irmán de Ricardo e de Clarence), Cardeal, Concelleiro, Soldado Agustín Vega
Duquesa de York (Nai de Ricardo, Clarence e Eduardo IV) Elina Luaces
Catesby, Soldado Pancho Martínez


Dirección e versión Manuel Guede Oliva
Espazo escénico Francisco Oti Ríos
Ambientación Eduardo Canedo
Iluminación Juanjo Amado
Espazo sonoro Guillermo Vázquez
Vestiario Argimiro Rodríguez e Concha Abad
Estudo crítico Manuela Palacios
Construción de máscaras e efectos especiais Spencer Hartman e SFX efectos especiales
Coreografía Xosé Candal (Colectivo Danzón)
Fotografía Miguel Fernández
Prácticas de produción Luís Usón Pérez
Produción Francisco Oti Rios
Meritorio de dirección Xosé Lueiro
Axudante de dirección Inma Antonio


Ver todas

Galería de imaxes

Anterior Ampliar Seguinte



AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal