AGADIC

Centro Dramático Galego


CDG: A cabana de Babaiagá

Autor: Adaptación dun conto tradicional ruso

Ano: 2006

Directora e narradora: Paula Carballeira

A cabana de Babaiagá

Sempre houbo, hai e haberá bruxas. A nosa bruxa chámase Babaiagá porque vén da tradición eslava, das frías terras rusas. A nosa bruxa vive nunha cabana coas patas de galiña, ten os dentes de ferro e as unllas de aceiro. E alá onde houbo, hai e haberá unha bruxa, tamén houbo, hai e haberá alguén que pete na porta da súa cabana e que lle diga: "Non che teño medo". Por iso a nosa historia non fala de bruxas, fala de medos.

Os nosos medos poucas veces teñen corpo, son tan vellos como vella é a humanidade. O medo á morte, ao descoñecido, ao que se agocha na escuridade ou entre as pólas das árbores, o medo a medrar, parten do temor a deixar de ser o que somos, a que algo ou alguén nos empurre a mirármonos nun espello e que non nos guste o que vexamos.

Desde sempre, os contos tradicionais amosan unha maneira de entender o mundo. Están ligados a unha cultura, a un xeito de afrontar a vida. O mesmo pode dicirse da música, das composición de autores como Mussorgsky, Rimsky-Korsakov, Rachmaninov, Tchaikovsky, Shostacovich, Grechaninoff ou Luov-Companeets. Nas súa pezas descubrimos o ambiente popular, como na Canción napolitana de Tchaikovsky, os costumes, como nas Matrioskas de Luov-Companeets, e, por suposto, a mitoloxía, como na Cabana das patas de galiña de Mussorgsky. Todos eles evocan uns espazos, uns personaxes, unhas accións coas que podemos imaxinar unha historia, un conto novo e vello á vez.

Presentamos A cabana de Babaiagá, un proxecto en que a música e a narración oral convidan a saír da nosa vida cotiá, da nosa seguridade, e viaxar na procura do perigo, da aventura, da cabana da bruxa Babaiagá, a través das palabra e das pezas dos máis prestixiosos compositores rusos dos séculos XIX e XX. Quen se arrisque a viaxar connosco coñecerá a historia da meniña Natasha e, se cadra, medrará con ela.

Pretendemos que a súa historia sexa a nosa, aínda que veña de Rusia, e que nos demostre que os medos e as inquedanzas non teñen fronteiras.

Porque poida que acabemos coa bruxa, pero o conto nunca estará rematado.

Paula Carballeira
Directora de A cabana de Babaiagá


Narración Paula Carballeira

Músicos:
Clarinete Alfredo Gómez (Galicia)
Viola Alexandre Lugo (Galicia)
Baixo acústico Yuri Sdar (Bielorrusia)
Frautas, gaita, xilófono, percusión Manolo Vázquez (Galicia)
Baian Vadzim Yujnevich (Bielorrusia)


Dirección e coordinación musical Manolo Vázquez
Axudante de dirección Chiqui Pereira
Deseño de escenografía e iluminación Suso Díaz
Deseño de vestiario Ruth Pereira
Realización da escenografía Arteficción
Guía didáctica Nate Borrajo e Pablo Peixe
Deseño gráfico e maquetación Pablo Otero

Centro Dramático Galego
Xefa de Produción Carme Varela
Actividades culturais e educativas Víctor López Carbajales
Secretaria de Dirección Manuela Domínguez Amoscótegui
Axudante de produción Laura Hevia Solares
Auxiliar de Produción-Dirección María Casar Díaz

Equipo técnico do AGADIC
Rexedor Fran Veiga
Encargado de estrutura escénica Salvador Forján
Técnico de máquinas Xesús Rodríguez Arias
Tremoias Elixio Vieites, Mauro Chao, Eduardo Canedo, Antonio Mayo "Toti", René Rodríguez-Moldes, Xaquín Rei
Técnico de iluminación Juanjo Amado
Auxiliar de iluminación Antonio Constenla
Técnicos de son Guillermo Vázquez Ríos, Antonio Budiño
Auxiliar de son Hugo Peñamaría
Auxiliar de imaxe e son Juan Carlos Pacios Martínez
Encargado de talleres Pablo Seoane
Xastras Concha Abad, Cloti Vaello


Outubro 2006

Ourense, no Teatro Principal
Mércores 4. Funcións. 10:00 e 12:00 horas
Xoves 5. Funcións. 10:00 e 12:00 horas
Venres 6. Funcións. 11:00 e 20:30 horas

Carballo, no Pazo da Cultura
Luns 9. Funcións. 10:00 e 12:00 horas
Martes 10. Funcións. 10:00 e 12:00 horas
Mércores 11. Funcións. 10:00 e 12:00 horas

O Barco de Valdeorras, no Auditorio Municipal
Martes 17. Función. 11:00 horas
Mércores 18. Función. 11:00 horas
Xoves 19. Funcións. 10:00 e 12:00 horas
Venres 20. Funcións. 11:00 e 20:00 horas


Ver todas

Galería de imaxes

Anterior Ampliar Seguinte



AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal