De Santiago Cortegoso
Ano: 2021
Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, directores
O charco de Ulises é unha versión libre da Odisea traspasada a un contexto atlántico. Do mar ao océano. De Ítaca a Galicia. De Troia a Buenos Aires. Do Mediterráneo ao Atlántico.
Ulises está considerado, na cultura occidental, o primeiro emigrante; o primeiro ser humano que experimentou a nostalxia pola súa terra. En Galicia temos dúas palabras máis para chamarlle a isto: saudade e morriña. Un sentimento complexo, consecuencia dun fenómeno complexo.
A peza transcorre en paralelo co desenvolvemento argumental da obra de Homero: a viaxe de Telémaco na procura de seu pai (visitando a Néstor, a Menelao e Helena...) e a de Ulises polas diferentes illas nas que se atopa con personaxes fantásticos (Calipso, Circe, Nausícaa, Polifemo, o canto das sereas...). Vaise pegando e separando do mito orixinal, xerando un diálogo co clásico para xogar con el, para traizoalo en moitas ocasións e, sobre todo, para tratar o fenómeno da emigración galega cun marcado compoñente poético. E tamén para darlle unha nova dimensión ás personaxes femininas que aparecen na Odisea.
Os deuses condenaron a Ulises a permanecer errante durante dez anos como castigo por argallar a trampa do cabalo para destruír Troia. O curioso é que este castigo se desenvolve entre banquetes pantagruélicos, orxías luxuriosas con fermosas ninfas, aventuras inesquecibles, coñecemento de culturas exóticas, salóns de tango nas noites de Buenos Aires...
Moitos emigrantes galegos deixaron mulleres e fillos aquí e fundaron outras familias en América. Gozaron da liberdade da que carecían nas pequenas aldeas das que marchaban. Foi un sufrimento comezar unha nova vida ou unha oportunidade para atopar a felicidade nun país social e economicamente avanzado?
O charco de Ulises trata da viaxe como concepto vital da existencia do ser humano no tempo, trata dos movementos migratorios, do multiculturalismo, da necesidade —ou non— de traspasar calquera fronteira. Fai unha relectura do clásico universal de Homero contextualizándoo nun fenómeno sociolóxico que marcou a historia do pobo galego.
Santiago Cortegoso
Despois de traballar como actor en numerosos espectáculos de compañías galegas (Teatro de Ningures, Teatro do Morcego, A Factoría Teatro, Nove Dous, Llu Llu teatro, etc), intensifica a partir de 2009 a súa actividade na escrita e na dirección de escena, nomeadamente á fronte da compañía Ibuprofeno Teatro, coa que montou, entre outras: O mel non caduca, Casa O'Rei, Raclette, O furancho e A filla de Woody Allen. Ganou o Premio Rafael Dieste por 0'7% Molotov, o Álvaro Cunqueiro por Raclette, o Varela Buxán por Smoke on the water, o María Casares en tres ocasións (Pequenos actos pseudorrevolucionarios, Raclette e Invisibles) e foi finalista nos Premios Max 2017 nas categorías de Autoría e Dirección por Raclette. En 2010 escribe O charco de Ulises cunha bolsa do programa Iberescena.
Marián Bañobre, directora
Conta cunha longa e recoñecida traxectoria como actriz de teatro e clown en diversas compañías, tanto galegas como de fóra de Galicia, entre elas Teatro do Morcego, Ningures, Nove Dous, CDG, Theatre Organic, Maquinaria Pesada e, sobre todo, Ibuprofeno Teatro, onde centra principalmente a súa actividade na última década. Paralelamente, deseña o vestiario de máis dunha decena de espectáculos, chegando a acadar un Premio María Casares polo O furancho en 2016. A súa faceta como creadora escénica concretouse nos últimos anos de forma máis decidida afrontando a dirección e a dramaturxia de espectáculos como A Órbira do Lucecú, Monstruación, O premio; 12 uvas, 2 mulleres e 1 oliva ou Invisibles, pola que foi recoñecida como mellor directora e mellor adaptadora xunto a Santiago Cortegoso nos Premios María Casares 2019.
Santiago Cortegoso, director
Despois de traballar como actor en numerosos espectáculos de compañías galegas (Teatro de Ningures, Teatro do Morcego, A Factoría Teatro, Nove Dous, Llu Llu teatro, etc), intensifica a partir de 2009 a súa actividade na escrita e na dirección de escena, nomeadamente á fronte da compañía Ibuprofeno Teatro, coa que montou, entre outras: O mel non caduca, Casa O'Rei, Raclette, O furancho e A filla de Woody Allen. Ganou o Premio Rafael Dieste por 0'7% Molotov, o Álvaro Cunqueiro por Raclette, o Varela Buxán por Smoke on the water, o María Casares en tres ocasións (Pequenos actos pseudorrevolucionarios, Raclette e Invisibles) e foi finalista nos Premios Max 2017 nas categorías de Autoría e Dirección por Raclette. En 2010 escribe O charco de Ulises cunha bolsa do programa Iberescena.
(por orde alfabética)
Óscar Allo: Telémaco, coros
Miguel Borines: Néstor, Alcínoo, coros
Mónica Camaño: Helena, coros
Rosalía Castro: Circe, coros
Raquel Espada: Nausícaa, unha puta moi nova, enfermeira, coros
Manuel Millán: Menelao, Laertes, coros
Fran Paredes: Ulises
Chusa Pérez de Vallejo: Calipso, enfermeira, coros
Inés Salvado Gontad: Penélope, coros
Paulo Serantes: Pisístrato, Euríloco, coros
Voces en off: María Solar, Santiago Cortegoso, Baia Fernández, José Manuel González Sanmartín
Texto e asesoramento lingüístico: Santiago Cortegoso
Dirección e adaptación: Marián Bañobre e Santiago Cortegoso
Escenografía: Pablo Giráldez "O Pastor"
Vestiario: Saturna
Iluminación: Salvador del Río
Espazo sonoro e músico en escena: Xosé Lois Romero
Coreografía tango: Ezequiel Merlo
Traballo de voz: María Costas
Caracterización: Baia Fernández
Asistencia de dirección: Carmela Bueno
Asistencia de produción: Xandre Vázquez
Realización da escenografía e utilería: Equipo técnico do CDG
Realización do vestiario: Equipo técnico do CDG
Coordinación e corrección de textos: Rosa Moledo
Fotografías e vídeos: Miramemira
Deseño gráfico: Trisquelia
Novembro 2021
Tui, no Teatro Municipal
Venres 5. Función. 21.30 h
O Barco de Valdeorras, no Teatro Municipal Lauro Olmo
Sábado 6. Función. 20.00 h
Celnaova, no Auditorio Municipal Ílduara
Domingo 7. Función. 18.30 h.
Viana do Castelo, Portugal, no Teatro Municipal Sá de Miranda
Mércores 10. Función. 21.00 h.
Barcelos, Portugal, no Theatro Gil Vicente
Xoves 11. Función. 21.30 h.
Ourense, no Teatro Principal
Venres 12. Función. 20.00 h.
Cangas, no Auditorio Municipal
Sábado 13. Función. 20.00 h.
Oleiros, no Auditorio Gabriel García Márquez (Mera)
Domingo 14. Función. 20.00 h.
Verín, no Auditorio Municipal
Mércores 17. Función. 20.00 h.
Monforte de Lemos, no Edificio Multiusos
Xoves 18. Función. 20.15 h.
Vigo, no Auditorio Municipal
Venres 19. Función. 20.00 h.
Pontevedra, no Pazo da Cultura
Sábado 20. Función. 21.00 h.
Cariño, no Auditorio Municipal
Mércores 24. Función. 20.00 h.
Rianxo, no Auditorio Municipal
Xoves 25. Función. 20.30 h.
Vilagarcía de Arousa, no Auditorio Municipal
Venres 26. Función. 20.00 h.
A Coruña, no Teatro Rosalía Castro
Sábado 27. Función. 20.30 h.
Decembro 2021
Lugo, no Auditorio Municipal Gustavo Freire
Xoves 9. Función. 20.30 h
Arteixo, no Auditorio do Centro Cívico Cultural
Venres 10. Función. 20.00 h
Narón, no Pazo da Cultura
Sábado 11. Función. 20.00 h
Vilalba, no Auditorio Municipal Carmen Estévez
Domingo 12. Función. 18.00 h