AGADIC

Centro Dramático Galego


Fotografía para ilustrar a páxina do Centro de Creación Dramática na que poden verse varios actores ensaiando.

Formación

A partir de 2017 retomamos a actividade de formación que o CDG desempeñara desde os seus inicios. Os nosos principais obxectivos agrúpanse en torno aos dous grandes grupos de iniciativas formativas que levaremos a cabo: aquelas orientadas para os profesionais e estudantes do sector, e aqueles pensados para as nosas espectadoras e espectadores (talleres e encontros co público).

Por unha banda perseguimos nutrir o diálogo entre o CDG e a profesión escénica galega desde un novo punto de vista fóra do ámbito da produción teatral; ao mesmo tempo, gustaríanos reforzar o vínculo co noso público, disipar calquera dúbida sobre as propostas artísticas que desenvolvemos e posibilitar o seu achegamento ao teatro desde outro ángulo, ofrecéndolles así unha visión máis total das Artes Escénicas.

Non estaremos sos nesta viaxe. Para emprendela, contamos coa compañía de diferentes organismos. Estaremos coordinados coa comisión de formación da Asociación de Actrices e Actores de Galicia (AAAG), para garantir que os talleres que organicemos respondan ás necesidades da profesión galega. Cooperaremos tamén con DramaturGA, asociación de dramaturgas/os galegas/os no referente ao ámbito formativo das/os nosas/os autoras/es, depositarias/os das nosas historias. Ademais, teremos ocasión de colaborar con distintas agrupacións que soliciten a nosa colaboración para apoiar as súas iniciativas propias de formación.


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal