AGADIC

Centro Dramático Galego


Formación


Impartido por Daniel Abreu

Taller "A través do Aire". Adestramento físico

[24/07/2017 - 28/07/2017]

Daniel Abreu centra o seu proceso de ensino no corpo para o uso axeitado dende o coñecemento físico, os seus límites e posibilidades. Aínda traballando desde a danza formal, achégase á estrutura do corpo dirixido e apoiado, o corpo xestual e en movemento. E todo isto bailando.

Aproveitará os nosos coñecementos para profundar na estrutura do corpo e na súa mobilidade. A conciencia de apoios, peso, impulso, dirección, proxección... A técnica como un instrumento integrador do corpo que comunica. Ou quizais un corpo que comunica con conciencia.

A través de secuencias coreográficas, pautas de improvisación, xogos, dinámicas de grupo e anotacións imos sentindo e recollendo aquilo que nos fai mover de forma máis libre.

Daniel Abreu


Bailarín e coreógrafo, é licenciado en Psicoloxía pola UNED. Recibe o Premio Nacional de Danza 2014 na categoría de creación. Dirixe a súa propia compañía fundada en 2004 en Madrid. Dende entón creou uns corenta traballos coreográficos presentados en festivais nacionais e internacionais, así como colaboracións con outros creadores e compañías. Imparte clases en teatros, festivais e centros de formación en Europa, Asia e América, enfocando o corpo non só dende a técnica senón tamén dende a expresividade e o psicolóxico.

INFORMACIÓN ÚTIL:
* Este taller ten contidos maioritariamente físicos.

Prazas
25 + ouvintes (prazas limitadas)
25 actrices/actores profesionais ou con formación actoral previa.
Ouvintes: Estudantes ou profesionais de todos os ámbitos das Artes Escénicas (prazas limitadas)

Horario
De 10.00 a 14.00 h

Lugar
Salón Teatro. Rúa Nova 34
15705 Santiago de Compostela

Total sesións
5
Total horas
20

Selección
Mediante CV
Os solicitantes deberán enviar o seu curriculum debidamente actualizado a centro.dramatico.galego@xunta.gal co asunto Taller CDG de Adestramento físico.

Prezos
95 para participantes
60 para participantes membros da AAAG / estudantes / desempregados
45 para ouvintes

Prazo de recepción de solicitudes
Do luns 15 de maio ao domingo 11 de xuño

Publicación da lista provisional de participantes
O venres 16 de xuño na web do CDG

Publicación da lista definitiva de participantes O venres 30 de xuño na web do CDG

Só serán avisadas por correo electrónico as persoas seleccionadas como participantes e as que estean incluídas na lista de espera.

Formalización de matrícula
Do 1 ao 10 de xullo

As persoas seleccionadas deberán ingresar o importe correspondente en Abanca na conta núm. ES66 2080 0388 2531 1000 2055 baixo o concepto Taller CDG de Adestramento físico.

Para asegurar a praza nos talleres, cumprirá realizar o ingreso dentro do período establecido, e remitir o formulario de inscrición debidamente cuberto, xunto co xustificante bancario do ingreso a centro.dramatico.galego@xunta.gal. De non facerse, a praza será ocupada pola seguinte persoa na lista de espera.

Enderezo:

Salón Teatro. Rúa Nova 34
15705 Santiago de Compostela
Tel. 881 867 229 de 9.00 a 14.00 h
centro.dramatico.galego@xunta.gal

Prazo inscrición:

[15/05/2017 - 04/06/2017]


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal