AGADIC

Centro Dramático Galego


Formación


Impartido por Javier Martín

"Corpo e vibración". Taller de Movemento

[04/10/2017 - 04/10/2017]

Unha superficie plana que abarcula xera as tres dimensións, o cóncavo e o convexo; se falamos dun medio metálico, os sons que proxectan estas superficies son estudados pola ars tintinabula, a arte de tocar as campás. O son é un modo da vibración —unha textura de movemento— que se propaga nun determinado espazo físico, o aire. Denomínase vibración á propagación de ondas elásticas producindo deformacións e tensións sobre un medio continuo (ou posición de equilibrio). Tal medio equilibra compresión con tensión e cede ás forzas que se lle aplican sen romper; respondendo á gravidade de maneiras interesantes —labirínticas— ao producir axustes que axudan a acomodar a situación, coma síntomas e sistemas eferentes que reorganizan a tensegridade do corpo. A vibración de fondo na textura dun corpo é nexo de cambio clave cara un outro paradigma relacional, outras calidades que cos seus graos de liberdade específicos sosteñen outro locus de control ou sistema conectivo, incorporando ao seu través información oportuna ou novos afectos.

Mecamística, Javier Martín

Javier Martín
O coreógrafo Javier Martín desenvolve o seu proxecto de investigación arredor das artes do movemento a través da creación de discurso e a aplicación do mesmo en talleres e seminarios transdisciplinares, conferencias-performativas, grupos de investigación e, como motor e causa de todo, a creación de espectáculos. Desde 2004 estreou máis de 30 pezas en España, Francia, Rusia, Portugal, México e Ucrania. Recentemente foi artista residente en EIRA, Lisboa; Kannon House, San Petersburgo; Centro Canal, Madrid o MUN, Pamplona; e presentou os seus últimos proxectos en UNAM, Museo del Chopo, México; GogolFest, Kiev; CCCB, Barcelona; Theatro Circo, Braga; Pompidou, Málaga; Reina Sofía, Madrid; e a Universidade da Sorbonne, París entre outros.

INFORMACIÓN ÚTIL:

Prazas
20 persoas maiores de 16 anos
Non se require experiencia previa en danza

Lugar e horario
Mércores 4 de outubro de 2017
Salón Teatro, Rúa Nova 34. 15705 Santiago de Compostela
De 10:00 a 14:00 h

Total sesións e horas
1 sesión. 4 horas

Selección
Por estrita orde de inscrición

Prezos
A inscrición no taller é gratuíta

Prazo de recepción de solicitudes
Do luns 18 ao venres 29 de setembro

Publicación da lista definitiva de participantes
O luns 2 de outubro na web do CDG

Formalización de matrícula
Para asegurar a praza nos talleres, cumprirá remitir o formulario de inscrición debidamente cuberto cunhas liñas de motivación a centro.dramatico.galego@xunta.gal.
De non facerse, a praza será ocupada pola seguinte persoa na lista de espera.

Taller organizado en colaboración cos programas "Arredor do son" do Festival Curtocircuíto e Galicia ProFilme da Agadic.

Inscritos
Participantes por orde de inscrición:

PAPÍN ESTÉVEZ, NOELIA
FERNÁNDEZ TOLEDANO, NOELIA TOMÉ RODRÍGUEZ, ALEJANDRA
IGLESIAS LOPARDO, MARÍA ÁNGELES RÍOS ROJAS, MILAGROS
LUGILDE RODRÍGUEZ, PALOMA MELLA, FÁTIMA
VÁZQUEZ RODRÍGUEZ, ISABEL
SANMARTÍN JUNCAL, PAULA
RODRÍGUEZ PIÑEIRO, MARÍA,
LÓPEZ MÉNDEZ, ALICIA
ROMAY LEMA, SANTIAGO
PARDAVILA OMIL, MERCEDES
COTA FERNÁNDEZ, LUCÍA
PERNAS LORENZO, FRANCISCO J.
ANDREETTI, CRISTINA
SALGADO LODEIRO, BORJA
VERA GUILERMES, JOSÉ GREGORIO
FERNÁNDEZ FRAGA, CAROLINA
BARONA LOUREIRO, IRIA
NOGUEIRA GONZÁLEZ, RAMÓN
GAGO PORTAS, ANABELL
RODRÍGUEZ VÁZQUEZ, MARÍA
RODRÍGUEZ VALVERDE, MARTA
FIGUEIRA, ÁNGEL
CASAS FONTÁN, ALICIA
YÁÑEZ ANLLO, JOSEFA
HABY, LAURA
CASTIÑEIRAS GALLEGO, IVÁN

Suplentes por orde de inscrición

TOMÉ RODRÍGUEZ, ALEJANDRA
RIOS ROJAS, MILAGROS
MELLA, FÁTIMA

Enderezo:

Salón Teatro. Rúa Nova 34
15705 Santiago de Compostela
Tel. 881 867 229 de 9.00 a 14.00 h
centro.dramatico.galego@xunta.gal

Prazo inscrición:

[18/09/2017 - 29/09/2017]


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal