AGADIC

Centro Dramático Galego


Formación


Impartido por Emilio Goyanes

"Na corda frouxa". Fundamentos de teatro aplicados aos espectáculos de circo

[04/12/2017 - 06/12/2017]

Hai aproximadamente 25 anos entramos nun proceso moi frutífero para as artes escénicas: a mestura de disciplinas (teatro, danza, circo, música) para xerar novas linguaxes. O teatro, como ingrediente capaz de dotar de contexto os demais, atópase no centro deste proceso. Pero a verdadeira mestizaxe de disciplinas debe darse na/no propia/o artista.
A procura da intelixencia común, a espontaneidade unida á disciplina, a composición consciente do espazo, o uso das imaxes como fonte das emocións, a emoción coma un músculo, a biomecánica do movemento coma límite e fonte de liberdade, a liberdade dentro de límites moi concretos, o director/a como guía flexible e aberta á creatividade dos outros, o uso da enerxía e a tensión muscular como porta cara á emoción.
Profundar nestes fundamentos, que só poden comprenderse desde a experiencia, é básico para abrir unha porta a outros territorios. Pensemos no teatro como esa porta para alcanzar unha visión máis global do feito escénico e comprender mellor os principios que rexen as súas propias técnicas.

Emilio Goyanes

Actor, autor, director, produtor e pedagogo, Emilio Goyanes desenvolve a súa actividade profesional desde o ano 1983. Especializado en teatro físico, creación e clown, ten participado nun total de 57 espectáculos.
Fundador das compañías Cambaleo en 1982 e Laviebel en 1992, ven desenvolvendo desde 1984 unha intensa actividade pedagóxica para artistas de circo, teatro e danza en Asturias, Euskadi, Andalucía, Madrid e Aragón, tendo sido en 2011 profesor de teatro na Escola de Circo de Granada CAU.
Finalista como Mellor Director nos Premios ADE 2009, gañou o Premio de Teatro Musical de Madrid en 2011 a Mellor Director de Teatro Musical. Coa súa compañía Laviebel obtivo, entre outros, o Premio Max 2009 a Mellor Espectáculo de Teatro Musical por Cabaret líquido e o Premio Max 2011 á Mellor Dirección Musical por A barraca do zurdo.
www.laviebel.com

INFORMACIÓN ÚTIL:

Prazas
15 persoas maiores de 16 anos
Taller destinado a profesionais das artes escénicas

Lugar e horario
Salón Teatro, Rúa Nova 34. 15705 Santiago de Compostela
Do luns 4 ao mércores 6 de decembro de 2017. De 9 a 15 h

Total sesións e horas
3 sesións. Total 18 horas

Selección
Por orde de inscrición e mediante C.V. Terán preferencia aquelas persoas con experiencia profesional previa en circo ou estudantes de circo. As/os solicitantes recibirán un correo electrónico comunicándolles a súa admisión ou exclusión.

Prezos
50,00

Prazo de recepción de solicitudes
Ata o luns 20 de novembro de 2017

Formalización de matrícula
As persoas seleccionadas deberán ingresar o importe correspondente antes do xoves 30 de novembro na conta que se facilitará no correo electrónico de admisión baixo o concepto Taller D10! Na corda frouxa. Para asegurar a praza no taller, cumprirá realizar o ingreso e remitir o formulario de inscrición debidamente cumprimentado, xunto co xustificante bancario do ingreso a info@pistacatro.com. De non facerse, a praza será ocupada pola seguinte persoa na lista de espera.

Taller organizado por Pistacatro co apoio do INAEM, en colaboración co Centro Dramático Galego.

Enderezo:

Salón Teatro. Rúa Nova 34
15705 Santiago de Compostela
Tel. 881 867 229 de 9.00 a 14.00 h
centro.dramatico.galego@xunta.gal

Prazo inscrición:

[03/11/2017 - 20/11/2017]


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal