AGADIC

Centro Dramático Galego


Formación


Coordinado por Manuel Lourenzo

DramaturXa 2018. Grupo de traballo de dramaturxia

[12/02/2018 - 20/07/2018]

Porque as nosas autoras e autores son as portadoras e os portadores da(s) nosa(s) historia(s); porque é urxente apoialos e reivindicalos para entendérmonos mellor e para comprender o signo dos tempos que, dende este lugar no mundo que é Galicia, nos toca vivir. Fagamos piña.

Este grupo de dez dramaturgas e dramaturgos, seleccionadas/os por unha comisión constituída por profesionais do sector, reunirase periodicamente durante seis meses baixo a coordinación de Manuel Lourenzo. O seu obxectivo será reflexionar sobre a identidade galega, co fin de desenvolver cada un/ha delas/es unha peza teatral ao respecto. Sabemos de onde partirán, pero non ata onde poden chegar.

De entre estas dez pezas, seleccionaranse tres para ser levadas a escena conxuntamente, como unha nova produción propia do Centro Dramático Galego.

MANUEL LOURENZO

(Ferreira do Valadouro, 1943), licenciado polo Institut del Teatre de Barcelona, está vinculado desde 1965 ao teatro independente como dramaturgo, director, actor, teórico, divulgador e grafista.

O seu obxectivo foi a creación dun teatro galego contemporáneo que non ignorase as súas raíces históricas nin estéticas. Fundou e impulsou grupos e compañías teatrais como O Facho (1965), Escola Dramática Galega (1978) ou Casahamlet (1997).

A súa extensa obra dramática iniciouse en 1969 con Romerías ás Covas do Demo. Conformouse con títulos como Veladas indecentes (1996), A larva furiosa (2003), Suite Artabria (2016) ou As dunas (2009).

Entre os premios recibidos destacan: Abrente (1978), Teatro de Cámara Ditea (1985), Rafael Dieste (1996, 1999), Premio Nacional da Cultura Galega de Artes Escénicas (2008), Otero Pedrayo (2011), Álvaro Cunqueiro (2009 e 2016) e o Premio Nacional de Literatura Dramática (1996).

INFORMACIÓN ÚTIL:

Prazas
10 dramaturgas/os

Lugar e horario
Salón Teatro, Rúa Nova 34. 15705 Santiago de Compostela
Dous días ao mes (a pechar unha vez conformado o grupo de traballo) de 10 a 15 h

Total sesións e horas
12 sesións. Total 60 horas

Selección
Mediante CV e mostra de obra escrita
As persoas solicitantes deberán enviar o formulario de solicitude debidamente cuberto, o seu curriculum actualizado, así como dous fragmentos de textos teatrais da súa autoría (extensión máx. 500 palabras) a centro.dramatico.galego@xunta.gal co asunto DramaturXa 2018

Prezos
A participación neste grupo de traballo é gratuíta

Prazo de recepción de solicitudes
Do luns 1 ao luns 22 de xaneiro

Publicación da lista provisional de participantes
O luns 5 de febreiro na web do CDG

Publicación da lista definitiva de participantes
O venres 9 de febreiro na web do CDG
Só serán avisadas por correo electrónico as persoas seleccionadas como participantes e as que estean incluídas na lista de espera

Enderezo:

Salón Teatro. Rúa Nova 34
15705 Santiago de Compostela
Tel. 881 867 229 de 9.00 a 14.00 h
centro.dramatico.galego@xunta.gal

Prazo inscrición:

[01/01/2018 - 22/01/2018]


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal