AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

O SÁBADO, ÁS 20.30 H., E O DOMINGO, ÁS 18.00 H.

O coreógrafo Javier Martín e o escultor Joaquín Jara estrean no Salón Teatro de Santiago 'SOMA' en coprodución co CDG

Documento anexo[23/05/2019] O programa de coproducións do Centro Dramático Galego (CDG) estrea esta fin de semana en Santiago SOMA, a nova proposta do coreógrafo e investigador Javier Martín, neste caso en cocreación co escultor e performer Joaquín Jara. As funcións terán lugar no Salón Teatro este sábado 25, ás 20,30 h., e o domingo 26, ás 18,00 h.
NAS DÚAS VINDEIRAS FINS DE SEMANA

O CDG abre os camerinos, as oficinas e a biblioteca da súa sede para a terceira edición do ciclo Teatro Ob-sceno

Documento anexo[16/05/2019] O Centro Dramático Galego (CDG) organiza por terceiro ano consecutivo o programa Teatro Ob-sceno, un ciclo de accións escénicas curtas a través do que abre para a exhibición artística diferentes estancias da súa sede do Salón Teatro de Santiago, todas elas fóra do escenario. Neste caso, os camerinos, as oficinas e a biblioteca acollerán as seis pezas desta edición, que se desenvolverá nas dúas vindeiras fins de semana.
ABERTO O PRAZO PARA AS TRES QUENDAS DE VISITAS GUIADAS DO VENRES 17

O CDG celebra as Letras Galegas con tres montaxes de Redrum, o ciclo Teatro Ob-sceno e unha xornada de portas abertas

[14/05/2019] O Centro Dramático Galego (CDG) ten preparado un intenso programa de actividades durante esta semana para conmemorar o Día das Letras Galegas na súa sede do Salón Teatro de Santiago. Esta carteleira inclúe os espectáculos de Redrum Teatro A nena que quería navegar, Contos do recreo e Invisibles, este último realizado en coprodución coa compañía da Xunta, que para o propio día 17 organizou, así mesmo, unha xornada de portas abertas e o inicio dunha nova edición do ciclo Teatro Ob-sceno.
SERÁ DO 20 AO 24 DE MAIO

O Salón Teatro acolle a proxección das nove películas que integran a II Mostra de Cine Latinoamericano Araguaney

Documento anexo[13/05/2019] O Salón Teatro de Santiago de Compostela será a sede da II Mostra de Cine Latinoamericano Araguaney, que proxectará nove títulos de ficción e documentais de recente produción, coa finalidade de estreitar lazos entre España e América a través do audiovisual. Por este motivo, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, participou hoxe na rolda de prensa na que o director do certame, Alberto Domínguez Ojea, deu conta desta iniciativa organizada pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas.
A CONTINUACIÓN, PODERÁ VERSE EN PONTEVEDRA, A CORUÑA, O BARCO, RIANXO E TUI

'Neorretranca e posmorriña' inicia a súa xira mañá en Tui

Documento anexo[09/05/2019] O Centro Dramático Galego (CDG) arranca a xira da súa produción Neorretranca e posmorriña mañá venres en Tui, onde chega tras unha estadía dun mes na sede da compañía pública no Salón Teatro de Santiago de Compostela. Esta será a primeira parada no percorrido galego deste espectáculo, que poderá verse tamén en Pontevedra, A Coruña, O Barco de Valdeorras, Rianxo e Vigo.

| 1 | 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal