AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

TERÁN LUGAR MAÑÁ DÍA 23, O MÉRCORES 24 E O MARTES 30, ÁS 10,30 H.

Arranca a terceira semana de 'Neorreranca e posmorriña' no Salón Teatro co inicio das funcións escolares

Documento anexo[22/04/2019] O Centro Dramático Galego (CDG) entra na terceira semana de representacións de Neorretranca e posmorriña no Salón Teatro de Santiago, onde poderá verse ata o vindeiro 5 de abril. A actividade retomarase mañá e o mércores cos primeiros pases matinais da campaña escolar da nova produción propia da compañía pública, dirixida por Gena Baamonde a partir dos textos Fantasía nº 5 en sol ou non, de Esther F. Carrodeguas, e Boisaca ou a divina desgraza, de Roi Vidal Ponte.
TRÁTASE DUN SERVIZO GRATUÍTO PARA QUE A CATIVADA POIDA GOZAR DUN OBRADOIRO IMPARTIDO POR ELEA LÓPEZ NA FUNDACIÓN GRANELL MENTRES OS SEUS MAIORES ASISTEN AO ESPECTÁCULO

Iniciamos os Domingos de Conciliación de 'Neorretranca e posmorriña' con talleres de artes escénicas para nenas e nenos

Documento anexo[12/04/2019] O Centro Dramático Galego (CDG) inicia pasado mañá os Domingos de Conciliación asociados á representación da súa nova produción propia, Neorretranca e posmorriña, no Salón Teatro de Santiago. Trátase dun servizo gratuíto pensado para que as nenas e nenos gocen dun taller de artes escénicas mentres os seus maiores asisten ao espectáculo.
GENA BAAMONDE DIRIXE A NOVA PRODUCIÓN DA COMPAÑÍA PÚBLICA, QUE PODERÁ VERSE NO SALÓN TEATRO ATA O 5 DE MAIO

O CDG estrea este xoves 'Neorretranca e posmorriña' nunha aposta por reflectir a diversidade da nova dramaturxia galega

Documento anexo[09/04/2019] O Centro Dramático Galego (CDG) estrea este xoves día 11 no Salón Teatro de Santiago a súa nova produción propia, Neorretranca e posmorriña, dirixida por Gena Baamonde e interpretada por un elenco de 10 actrices. Baixo este título, a compañía pública pon en escena as pezas Fantasía nº 5 en sol ou non, de Esther F. Carrodeguas, e Boisaca ou a divina desgraza, de Roi Vidal Ponte, que lle ofrecen ao público dúas olladas moi diferentes arredor da identidade galega como punto de partida común.
ABERTO O PRAZO DE RESERVA PARA AS CATRO QUENDAS DE VISITAS GRATUÍTAS DO MÉRCORES 27 DE MARZO

Celebramos co público o Día Mundial do Teatro cunha xornada de portas abertas na nosa sede

[22/03/2019] O Centro Dramático Galego (CDG) compartirá co público a celebración do Día Mundial do Teatro o vindeiro mércores 27 de marzo cunha xornada de portas abertas na súa sede de Santiago. Como en anos anteriores, o programa de visitas guiadas Que se agocha tras o pano? ofreceralles aos asistentes un percorrido polas instalacións do Salón Teatro, ao tempo que lles permitirá coñecer a historia deste edifico da zona histórica compostelá e se achegar ao traballo cotiá do oficio teatral.
EN SANTIAGO, DO XOVES 28 DE FEBREIRO AO DOMINGO 3 DE MARZO

Contraproducións e CDG estrean no Salón Teatro a comedia 'A compañeira de piso' con Rebeca Montero e Patricia Vázquez

Documento anexo[26/02/2019] A compañía galega Contraproducións e o Centro Dramático Galego (CDG) estrean este xoves 28 no Salón Teatro de Santiago o espectáculo A compañeira de piso, desenvolvido co apoio da Xunta ao abeiro do programa de coproducións da compañía pública. As actrices Rebeca Montero e Patricia Vázquez poñen en escena a adaptación desta comedia da norteamericana Jen Silverman sobre dúas mulleres maduras que, con situacións contrapostas, se enfrontan a un importante cambio vital.

| 1 | 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal