AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

ESTÁ NO TEATRO PRINCIPAL A PARTIR DE HOXE, CUNHA FUNCIÓN INICIAL DIRIXIDA A CENTROS DE ENSINO

A produción do Centro Dramático Galego 'Ás oito da tarde, cando morren as nais' despídese o domingo na Estrada despois de 33 funcións en Galicia e Portugal

[02/06/2022] A produción do Centro Dramático Galego (CDG) 'Ás oito da tarde, cando morren as nais' despídese esta semana dos escenarios na Estrada, onde estará desde hoxe ata o domingo coa primeira sesión dirixida a centros de ensino e as outras tres ao público xeral. Deste xeito, a produción suma 33 funcións desde a súa estrea en abril. Delas, 14 foron no Salón Teatro de Santiago de Compostela e 19 na xira, que tamén incluíu Cee, Cedeira e Catoira, ademais das localidades portuguesas de Coímbra e Beja.
RECIBIRÁ 6000 EUROS PARA A CREACIÓN DUN TEXTO QUE SERÁ LEVADO A ESCENA COMO COPRODUCIÓN DO CDG

Ana Abad de Larriva obtén a Bolsa de dramaturxia impulsada pola Xunta e o sector teatral coa escrita 'Bailar no ceo'

[25/05/2022] O proxecto de escrita 'Bailar no ceo' da actriz e dramaturga Ana Abad de Larriva resultou gañadora da segunda edición da Bolsa de dramaturxia impulsada polo Centro Dramático Galego (CDG) e diversos colectivos do sector teatral e cultural galego. Ao abeiro da iniciativa, a autora recibirá 6000 euros para desenvolver un texto que será levado a escena en 2023 como coprodución da unidade teatral da Xunta, a cargo da compañía que gañe a seguinte fase de selección, centrada na creación do espectáculo.
A SESIÓN INAGURAL SERÁ ÁS 21,00 HORAS NO TEATRO LAURO OLMO

O Centro Dramático Galego e Sarabela Teatro estrean a coprodución 'Asemblea xeral' este venres no Barco de Valdeorras

[24/05/2022] O Centro Dramático Galego (CDG) estrea este venres no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras a coprodución 'Asemblea xeral', de Sarabela Teatro. Así se anunciou hoxe nunha rolda de prensa na que participou o director da unidade teatral da Xunta, Fran Núñez. Así, a sesión inaugural da montaxe terá lugar ás 21,00 h. na vila natal e no espazo que leva o nome do coautor do texto, que se leva a escena con dirección de Fina Calleja. As entradas poden adquirirse de xeito anticipado no establecemento local Ton y Son e no propio día no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio.
MAÑÁ PUBLÍCASE A CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN DE 18 ACTORES E ACTRICES

O Centro Dramático Galego pon en marcha tres producións para a nova temporada coa selección dos intérpretes

[19/05/2022] A Xunta de Galicia pon en marcha tres novas producións do Centro Dramático Galego (CDG) para a temporada 2022-2023, coa publicación mañá no Diario Oficial de Galicia da convocatoria para a contratación de 18 intérpretes. Os títulos provisionais das estreas son 'Recortes, caneos e outras formas de driblar', con Tito Asorey como director; 'Shakespeare en Roma', con catro equipos de dirección, e 'Un hotel de primeira sobre o río', que leva a escena o texto de Xohana Torres codirixido por Gonçalo Guerreiro e María Torres.
ESTARÁ NO SALÓN TEATRO DURANTE DÚAS SEMANAS A PARTIR DE MAÑÁ

A Xunta celebra o centenario de María Casares cunha coprodución do Centro Dramático Galego e Ainé

[18/05/2022] O espectáculo sobre María Casares 'Continente María', coproducido polo Centro Dramático Galego, Ainé Producións, A Quinta do Cuadrante e o Concello da Coruña, chega mañá xoves ao Salón Teatro de Santiago de Compostela, onde se ofrecerán oito funcións ao longo de dúas semanas. Anunciouno hoxe o secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, nunha rolda de prensa que contou coa participación do produtor da peza, Xosé A. Touriñán; o director, Tito Asorey, e a actriz Melania Cruz, como elenco, ademais da do director da unidade teatral da Xunta, Fran Núñez.

| 1 | 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal