Novas
AS TRES PRODUCIÓNS PROPIAS DE DRAMATURXIA GALEGA SUPUXERON UN INVESTIMENTO DE CASE 800.000 EUROS E A IMPLICACIÓN DIRECTA DE MÁIS DE 50 PROFESIONAIS
[07/07/2021] O Centro Dramático Galego (CDG) reforzouse no último ano como motor de creación escénica apostando pola produción de espectáculos co foco posto na vocación de servizo público e de compromiso co sector. Así o manifestou hoxe o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, na intervención parlamentaria ante a Comisión 4ª de Educación e Cultura para facer balance da actividade da unidade de produción teatral da Xunta. Sutil fixo un percorrido polas diversas iniciativas impulsadas polo CDG nun contexto de especial incerteza e dificultade no eido cultural, por mor das restricións derivadas da pandemia.
PRESÉNTASE NO MARCO DA DESIGNACIÓN DE PORTUGAL COMO PAÍS CONVIDADO DA 44º EDICIÓN DO FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO CLÁSICO DA VILA MANCHEGA
[03/07/2021] O Centro Dramático Galego (CDG), unidade de produción teatral da Xunta de Galicia, estreou a pasada noite en Almagro 'A contenda dos labradores de Caldelas ou Entremés famoso sobre a pesca do río Miño', en coprodución coa Companhia de Teatro de Braga. A posta en escena da primeira peza teatral en lingua galega conservada, obra de Gabriel Feixoo de Araúxo, enmárcase no 350º aniversario da escrita e nas designacións de Portugal como país convidado da 44º edición do Festival Internacional de Teatro Clásico da vila manchega e de Braga como Capital Cultural do Eixo Atlántico. Hoxe haberá unha nova función, á que asistirán o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil.
SERÁ O DOMINGO ÁS 12,00 HORAS
[12/06/2021] O Salón Teatro de Santiago, sede do Centro Dramático Galego (CDG), é o punto de encontro que recibirá o domingo 13, ás 12,00 horas, os participantes na presentación e no primeiro percorrido de 'Dramawalker Vite', unha iniciativa de mediación e creación escénica sobre a memoria do barrio compostelán, impulsada polo Centro #Dramático Nacional (CDN) en coprodución coa unidade teatral da Xunta de Galicia e co Grupo Chévere.
AMOSARASE NA SALA DA RÚA CHILE DO 11 AO 13 DE XUÑO
[09/06/2021] O Centro Dramático Galego (CDG), unidade teatral da Xunta de Galicia, e a compañía da creadora escénica AveLina Pérez coproducen o espectáculo titulado 'Por favor, ténteo novamente máis tarde', que terá a súa estrea este venres día 11 no Teatro Ensalle de Vigo, espazo que tamén participa no proxecto.
AS FUNCIÓNS, PARA AS QUE XA SE PODEN ADQUIRIR AS ENTRADAS ANTICIPADAS, TERÁN LUGAR O SÁBADO 29 E O DOMINGO 30
[27/05/2021] O Centro Dramático Galego (CDG) pecha esta fin de semana a temporada de exhibición no Salón Teatro de Santiago de Compostela cos espectáculos 'O mozo da última fila', de Redrum Teatro, e 'As virxes salvaxes', de Teatro do Noroeste. As representacións terán lugar o sábado 29, as 20,00 h. e o domingo 30, ás 18,00 h., respectivamente. As entradas xa se poden adquirir a través de ataquilla.com e estarán tamén á venda no despacho de billetes o mesmo día de cada sesión, desde dúas horas antes do seu comezo.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
| 21 |
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes