AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

DESDE MAÑÁ XOVES 27 AO DOMINGO 30 DE XUÑO

O CDG repón 'Neorretranca e posmorriña' no Salón Teatro cun encontro co público e funcións inclusivas e de conciliación

Documento anexo[26/06/2019] O Centro Dramático Galego (CDG) repón no Salón Teatro de Santiago o seu espectáculo Neorretranca e posmorriña, dirixido por Gena Baamonde, que poderá verse na sede da compañía pública entre mañá xoves e o vindeiro domingo, antes de se despedir do público o 5 de xullo cunha función no Teatro Afundación de Vigo.


CORRERÁN A CARGO DE MIKEL ARÍSTEGUI, PABLO VIAR, ROSA MOLEDO, MARTA PAZOS, LAILA RIPOLL E JORDI CASANOVAS

O CDG ofrécelles aos profesionais do sector cinco talleres sobre distintas disciplinas escénicas

Documento anexo[13/06/2019] O Centro Dramático Galego (CDG) desenvolverá entre o 17 de xuño e o 12 de xullo cinco talleres formativos en distintas competencias e disciplinas aplicables á creación e á execución escénica. O programa pedagóxico, co que a compañía institucional rematará a actividade da temporada 2018-2019, está especialmente dirixido aos profesionais ou estudantes do ámbito teatral, que xa poden inscribirse nos cursos.


MAÑÁ ÁS 21H E O DOMINGO ÁS 19.30 H

A Feroz regresa ao Salón Teatro esta fin de semana para celebrar a súa 'Afterparty'

Documento anexo[31/05/2019] A Feroz regresa esta fin de semana ao Salón Teatro de Santiago con Afterparty, espectáculo de debut desta nova compañía galega que foi estreado o ano pasado neste mesmo escenario dentro do programa de residencias artísticas do Centro Dramático Galego. O público compostelán terá agora dúas novas oportunidades de ver esta proposta, escrita e dirixida por Lorena Conde, nas funcións de mañá sábado, ás 21,00 h., e do domingo, ás 19,30 h.
O SÁBADO, ÁS 20.30 H., E O DOMINGO, ÁS 18.00 H.

O coreógrafo Javier Martín e o escultor Joaquín Jara estrean no Salón Teatro de Santiago 'SOMA' en coprodución co CDG

Documento anexo[23/05/2019] O programa de coproducións do Centro Dramático Galego (CDG) estrea esta fin de semana en Santiago SOMA, a nova proposta do coreógrafo e investigador Javier Martín, neste caso en cocreación co escultor e performer Joaquín Jara. As funcións terán lugar no Salón Teatro este sábado 25, ás 20,30 h., e o domingo 26, ás 18,00 h.
NAS DÚAS VINDEIRAS FINS DE SEMANA

O CDG abre os camerinos, as oficinas e a biblioteca da súa sede para a terceira edición do ciclo Teatro Ob-sceno

Documento anexo[16/05/2019] O Centro Dramático Galego (CDG) organiza por terceiro ano consecutivo o programa Teatro Ob-sceno, un ciclo de accións escénicas curtas a través do que abre para a exhibición artística diferentes estancias da súa sede do Salón Teatro de Santiago, todas elas fóra do escenario. Neste caso, os camerinos, as oficinas e a biblioteca acollerán as seis pezas desta edición, que se desenvolverá nas dúas vindeiras fins de semana.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 | 26 | 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal