Novas
ABERTO O PRAZO PARA AS TRES QUENDAS DE VISITAS GUIADAS DO VENRES 17
[14/05/2019] O Centro Dramático Galego (CDG) ten preparado un intenso programa de actividades durante esta semana para conmemorar o Día das Letras Galegas na súa sede do Salón Teatro de Santiago. Esta carteleira inclúe os espectáculos de Redrum Teatro
A nena que quería navegar,
Contos do recreo e
Invisibles, este último realizado en coprodución coa compañía da Xunta, que para o propio día 17 organizou, así mesmo, unha xornada de portas abertas e o inicio dunha nova edición do ciclo Teatro Ob-sceno.
SERÁ DO 20 AO 24 DE MAIO
[13/05/2019] O Salón Teatro de Santiago de Compostela será a sede da II Mostra de Cine Latinoamericano Araguaney, que proxectará nove títulos de ficción e documentais de recente produción, coa finalidade de estreitar lazos entre España e América a través do audiovisual. Por este motivo, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, participou hoxe na rolda de prensa na que o director do certame, Alberto Domínguez Ojea, deu conta desta iniciativa organizada pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas.
A CONTINUACIÓN, PODERÁ VERSE EN PONTEVEDRA, A CORUÑA, O BARCO, RIANXO E TUI
[09/05/2019] O Centro Dramático Galego (CDG) arranca a xira da súa produción
Neorretranca e posmorriña mañá venres en Tui, onde chega tras unha estadía dun mes na sede da compañía pública no Salón Teatro de Santiago de Compostela. Esta será a primeira parada no percorrido galego deste espectáculo, que poderá verse tamén en Pontevedra, A Coruña, O Barco de Valdeorras, Rianxo e Vigo.
A MONTAXE DE CONTRAPRODUCIÓNS ESTÁ DIRIXIDA POR CÁNDIDO PAZÓ E INTERPRETADA POR CÉSAR CAMBEIRO, ALBA BERMÚDEZ E ADRIÁN RÍOS
[06/05/2019] O Salón Teatro de Santiago de Compostela recibe esta semana a Contraproducións con sete pases do espectáculo
Fillos do sol, unha proposta escénica de Cándido Pazó arredor da figura do escritor Eduardo Pondal e do seu poema épico Os Eoas. Serán catro funcións para público xeral, do xoves 9 ao domingo 12, e outras tres dirixidas a escolares, nos días lectivos.
TERÁN LUGAR MAÑÁ DÍA 23, O MÉRCORES 24 E O MARTES 30, ÁS 10,30 H.
[22/04/2019] O Centro Dramático Galego (CDG) entra na terceira semana de representacións de
Neorretranca e posmorriña no Salón Teatro de Santiago, onde poderá verse ata o vindeiro 5 de abril. A actividade retomarase mañá e o mércores cos primeiros pases matinais da campaña escolar da nova produción propia da compañía pública, dirixida por Gena Baamonde a partir dos textos
Fantasía nº 5 en sol ou non, de Esther F. Carrodeguas, e
Boisaca ou a divina desgraza, de Roi Vidal Ponte.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
| 27 |
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
| Seguintes