AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas


A Xunta leva a Culturgal as experiencias da Cidade da Cultura e o Centro Dramático Galego fronte á covid

[28/11/2020] A Xunta de Galicia, patrocinador principal da 13ª edición de Culturgal en Pontevedra, centra as presentacións da última xornada da feira na programación das novidades da Cidade da Cultura para a tempada de outono-inverno e nas estratexias do Centro Dramático Galego (CDG) fronte á covid-19.
PENSADAS PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA E SECUNDARIA

Poñemos en marcha o programa 'Os segredos do Salón Teatro' de visitas en liña para colexios e institutos

Documento anexo[26/11/2020] O Centro Dramático Galego (CDG) acaba de abrir a convocatoria para o seu programa Os segredos do Salón Teatro. Visitas en liña ao corazón do teatro, dirixido a centros educativos de Primaria e de Secundaria de toda Galicia. Con motivo da conmemoración do centenario do Salón Teatro, edificio no que ten a súa sede, a compañía pública retoma as súas actividades escolares, adaptándoas á actual situación sanitaria para o seu desenvolvemento de xeito virtual.
imaxe, son e música en directo, sombras, monicreques e proxeccións de vídeo

O Salón Teatro acolle tres espectáculos de cine ao vivo e teatro visual do colectivo multidisciplinar Cinema Sticado

[22/10/2020] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle por primeira vez os espectáculos completos de Cinema Sticado coa representación a partir de mañá e ata o domingo día 25 de tres montaxes que mesturan artes visuais, teatrais e performativas, cine ao vivo, teatro de obxectos e audio e vídeo en tempo real música en directo, características do estilo deste colectivo artístico multidisciplinar.
A felicidade dos protagonistas está nas mans dos espectadores

La Quintana Teatro estrea en Ourense e Santiago o espectáculo ‘O Premio’ en coprodución co CDG

[14/10/2020] La Quintana Teatro estrea mañá xoves ás 20,00 h. o espectáculo O Premio en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG) e no marco do Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO). A función inaugural, que terá lugar no Teatro Principal da cidade das Burgas, precederá as dúas representacións que acollerá o sábado 17 e mais o domingo 18 o Salón Teatro de Santiago de Compostela.
SERÁN DESDE O XOVES 1 AO DOMINGO 4 DE OUTUBRO

Teatro do Atlántico celebra o seu 35º aniversario coa reposición no Salón Teatro de catro dos seus últimos espectáculos

[29/09/2020] Teatro do Atlántico celebra esta semana na sede do Centro Dramático Galego os seus 35 anos sobre os escenarios coa reposición de catro das súas últimas montaxes máis recentes. Así, a compañía que dirixe Xúlio Lago porá en escena o xoves 1 de outubro Helena: xuízo a unha lurpia, de Miguel del Arco; o venres día 2, A conquista da escola de Madhubai, de Hèléne Cixous, e o sábado 3, Dúas donas que bailan, de Josep María Bernet i Jornet. O domingo día 4 resérvase para o espectáculo-recital de poesía galega contemporánea de varios autores De abrentes e ocasos.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 | 28 | 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal