AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

ESTE VENRES 22, As 21.00 HORAS

O Teatro Rosalía Castro da Coruña acolle a última función en Galicia de 'Xardín suspenso'

Documento anexo[19/05/2015] O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrecerá este venres 22, ás 21.00 horas, no Teatro Rosalía Castro da Coruña a última función en Galicia de ‘Xardín suspenso’, espectáculo que a semana que vén rematará o seu periplo en Lisboa despois de ter visitado unha decena de escenarios. Cándido Pazó é o director desta versión da obra do portugués Abel Neves, un dos dramaturgos máis recoñecidos da escena contemporánea do seu país.
MAÑÁ MÉRCORES 20 E O XOVES 21, ÁS 20.30 HORAS

ArtesaCía abre a carteleira semanal do Salón Teatro cun documental escénico sobre a emigración galega de primeiros do século XX

Documento anexo[19/05/2015] A nova compañía ArtesaCía preséntase esta semana en Santiago de Compostela co seu segundo espectáculo, ‘Balor na acción dunha cadeira’, unha proposta que aborda a emigración galega de primeiros do século pasado desde unha linguaxe teatral contemporánea. Este "documental escénico", tal e como é definido polos seus creadores, abre a carteleira semanal do Salón Teatro con dúas funcións mañá mércores 20 e o xoves 21, ás 20.30 horas, que darán paso a un concerto de Jacobo Paz & Dos Mundos o venres 22 e á proxección da fita ‘O Piloto’ o sábado 23.
A DRAMATURXIA GALEGA INCORPÓRASE POR VEZ PRIMEIRA AO REPERTORIO DO PRINCIPAL TEATRO PÚBLICO DE PORTUGAL

A versión portuguesa de 'Saxo Tenor', de Vidal Bolaño, polo Teatro Nacional D. Maria II de Lisboa presentarase en Santiago o 29 e 30 de maio

Documento anexo[18/05/2015] O Teatro Nacional D. Maria II (TNDM II) de Lisboa presentarase en Santiago de Compostela a vindeira semana para achegarlle ao público galego a súa adaptación da obra ‘Saxo Tenor’, de Roberto Vidal Bolaño, que porá en escena os días 29 e 30 de maio no Teatro Principal. A versión portuguesa deste recoñecido texto do teatro galego contemporáneo é, ademais, o primeiro título da nosa dramaturxia que leva ás táboas o principal teatro público do país veciño.
HOXE TIVO LUGAR A ROLDA DE PRENSA NA CIDADE DAS BURGAS

O CDG representa 'Xardín suspenso' no Teatro Principal de Ourense do 16 ao 18 de maio

Documento anexo[12/05/2015] O Teatro Principal de Ourense acolle do 16 ao 18 de maio tres funcións do espectáculo ‘Xardín suspenso’, dirixido para o Centro Dramático Galego (CDG) por Cándido Pazó a partir da obra do autor portugués Abel Neves. As representacións para público xeral serán o sábado (20.30 h) e o domingo, Día das Letras Galegas (19.00 h), en tanto que o luns está programado un pase matinal especialmente dirixido a alumnos e alumnas de centros de ensino secundario da cidade e a súa comarca.
DO 14 AO 17 DE MAIO, ÁS 18.00 E ÁS 20.30 HORAS

O Salón Teatro recibe a compañía Talía para catro sesións dobres cos seus espectáculos 'Sopa de sapo' e 'Demolición'

Documento anexo[12/05/2015] A compañía Talía Teatro desembarca esta semana no Salón Teatro de Santiago de Compostela coas súas dúas últimas propostas para público familiar e adulto -‘Sopa de sapo’ e ‘Demolición’, respectivamente-, que se representarán na sede do Centro Dramático Galego en función dobre desde o xoves 14 ata o domingo 17.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 | 31 | 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal