AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

ESTE SÁBADO 12, Ás 21.00 HORAS

O cantautor compostelán Xosé Constenla regresa ao Salón Teatro para presentar o seu disco 'Virada por avante'

Documento anexo[10/03/2016] Xosé Constenla actuará este sábado 12, ás 21.00 horas, no Salón Teatro de Santiago para presentar en directo os temas de ‘Virada por avante’, o seu novo disco. O cantautor compostelán regresa así ao mesmo escenario que en 2013 acollera a gravación en directo de ‘Sinecismo’, o seu anterior traballo, que tamén presentou diante do público na sede do Centro Dramático Galego.
O VENRES 4 E O SABADO 5, ÁS 20.30 H, E O DOMINGO 6, ÁS 18.00 H

O Salón Teatro recibe esta fin de semana a Artello para tres funcións do espectáculo 'Non toques os meus círculos'

Documento anexo[02/03/2016] O teatro galego continúa a ser o protagonista da carteleira do Salón Teatro de Santiago, que esta fin de semana recibe a compañía viguesa Artello Teatro co seu espectáculo ‘Non toques os meus círculos’. A montaxe, dirixida por Rosa Hurtado e interpretada por Santi Montenegro, poderá verse na sede do Centro Dramático Galego (CDG) o venres 4 e o sábado 5, ás 20.30 horas, e o domingo 6, ás 18.00 horas.
'XARDÍN SUSPENSO', DO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO, OBTIVO CATRO CANDIDATURAS

O Salón Teatro de Santiago acolleu a presentación dos finalistas dos XX Premios María Casares

Documento anexo[01/03/2016] O Salón Teatro da Consellería de Cultura e Educación acolleu hoxe a presentación dos espectáculos e profesionais finalistas aos XX Premios María Casares, que se entregarán o vindeiro 30 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Un total de 14 espectáculos acadaron algunha candidatura nos 14 apartados nos que se dividen estes galardóns.
REPRESÉNTASE NO SALÓN TEATRO ESTE VENRES 26 E O SÁBADO 27, Ás 20.30 H, E O DOMINGO 28, ÁS 18.00 H

A nova compañía Lucecús Teatro preséntase diante do público compostelán co seu espectáculo de debut, 'A órbita do lucecú'

Documento anexo[24/02/2016] Lucecús Teatro é o nome dunha nova compañía profesional con sede en Lugo, que esta fin de semana se presentará diante do público compostelán no Salón Teatro con ‘A órbita do lucecú’, o seu espectáculo de debut. A montaxe, para a que o grupo contou coa dirección escénica de Marián Bañobre e Santiago Cortegoso (Ibuprofeno Teatro), poderá verse na sede do Centro Dramático Galego (CDG) este venres 26 e o sábado 27, ás 20.30 horas, e o domingo 28, ás 18.00 horas.
ARETA BOLADO, NOELIA CASTRO E AILÉN KENDELMAN INTERPRETAN AS DÚAS MONTAXES

A compañía A Panadaría ocupa esta semana o Salón Teatro cos espectáculos 'Pan! Pan!' e 'Panamericana'

Documento anexo[16/02/2016] O Salón Teatro de Santiago recibe esta semana a compañía A Panadaría coa programación dos dous espectáculos realizados ata agora polo trío escénico que integran as actrices galegas Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman. Así, a partir de mañá mércores e ata o venres, ás 20.30 horas, porase en escena ‘Pan! Pan!’, en tanto que o sábado (20.30 h) e o domingo (18.00 h) representarase ‘Panamericana’.


Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 | 35 | 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal