Novas
 ESCRITO POR ESTHER F. CARRODEGUAS E DIRIXIDO POR XAVIER CASTIÑEIRA, PODERÁ VERSE DO XOVES 25 AO DOMINGO 28
[23/01/2018] ButacaZero e o Centro Dramático Galego (CDG) presentaron hoxe en Santiago a estrea da súa coprodución
#camiños, que terá lugar este xoves 25 no Salón Teatro. O espectáculo poderá verse ata o domingo 28 de xaneiro na sede da compañía da Xunta de Galicia, onde o equipo ultima esta posta en escena desde o pasado día 15 como parte do programa En Residencia do CDG.
ESTRÉASE O 12 DE ABRIL NO SALÓN TEATRO
[16/01/2018] O Centro Dramático Galego (CDG) está a desenvolver durante esta semana as probas de interpretación para seleccionar parte do elenco da súa próxima produción,
Divinas palabras, de Valle-Inclán. Cincuenta e catro intérpretes (30 actrices e 24 actores) participan nestas audicións para sete dos nove personaxes da que será a primeira versión en galego desta "traxicomedia de aldea", como a subtitulou o propio autor.
'RÉQUIEM POR UN MONICREQUE' REPRESÉNTASE DO XOVES 11 AO DOMINGO 14
[09/01/2018] A histórica compañía compostelá Os Monicreques de Kukas presenta esta semana no Salón Teatro de Santiago
Réquiem por un monicreque, montaxe que leva ás táboas o texto polo que Roi Vidal Ponte obtivo en 2016 o premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, na modalidade para público adulto, convocado pola Xunta a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). Trátase, ademais, dun dos 31 espectáculos adxudicatarios en 2017 das subvencións da Agadic á produción escénica galega.
ÁBRESE ATA O 22 DE XANEIRO O PRAZO DE SOLICITUDE
[03/01/2018] O Centro Dramático Galego (CDG) acaba de abrir o proceso de selección dos dez autores e autoras que formarán parte do primeiro Grupo DramaturXa, baixo a coordinación do escritor e director escénico Manuel Lourenzo. Esta nova iniciativa xurde ao abeiro do programa Dramaturxente de apoio, fomento e promoción da autoría teatral galega contemporánea, que a compañía pública mantén en colaboración coa Asociación Galega de Dramaturxia DramaturGA.
MAÑÁ E O XOVES, ÚLTIMAS SESIÓNS DO PROGRAMA 'GRAN TEATRO PARA OS MÁIS PEQUENOS'
[02/01/2018] O ciclo Gran teatro para os máis pequenos do Salón Teatro de Santiago remata mañá e o xoves cunha nova oferta dobre que combina a posta en escena de
Animais de compañía, de Teatro do Noroeste, cun taller de son para público infantil. Conclúe así a segunda edición deste programa especial, deseñado polo Centro Dramático Galego (CDG) para celebrar o Nadal na súa sede xunto aos espectadores máis novos, así como para facilitar a conciliación familiar durante as festas.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
| 36 |
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
| Seguintes