AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

A proposta ecléctica de Adrian Timms abre mañá ás 21,00 h un cartel de recitais de rúa que tamén levará á fachada da sede do Centro Dramático Galego a hydn, Helena Egea e Law os días 14

Os ‘Mércores de Varanda’ celebran desde o balcón do Salón Teatro os concertos de catro artistas da aceleradora musical ‘SONEMERXENTE’

[06/06/2023] O balcón do Salón Teatro, en Santiago de Compostela, acollerá ao longo do mes de xuño e dentro do ciclo Mércores de varanda a actuación de catro artistas integrados no programa Sonemerxente, aceleradora de proxectos musicais organizada pola Xunta de Galicia e a Fundación Paideia. O proxecto de Adrian Timms, baseado nunha actualización do concepto de home orquestra mesturando ao vivo diferentes capas de instrumentos tecnolóxicos, abrirá a serie de concertos mañá mércores ás 21,00 h.
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, presenta as actividades para profesionais e para público xeral de balde que se concentrarán en sete espazos de Santiago de Compostela do 29 de maio ao 1 de xuño

A Xunta propicia o encontro de máis de 100 compañías galegas cos representantes de 75 festivais, feiras e espazos culturais no 10º Mercado Galicia Escena PRO

[26/05/2023] Galicia Escena PRO, a feira de artes escénicas promovida pola Xunta e organizada en colaboración coa asociación profesional Escena Galega, celebra a semana que vén o seu décimo aniversario congregando durante catro días en Santiago de Compostela máis de 180 axentes do sector co obxectivo de dinamizar a contratación dos espectáculos de produción galega, ao tempo que impulsar a súa proxección social. Teñen confirmada a súa asistencia representantes de 75 feiras, festivais, circuítos e espazos culturais de dentro e fóra de Galicia e de máis de 100 compañías galegas e empresas de produción e distribución de teatro, danza e circo, sumando unha das maiores cifras de participación do evento.

O Salón Teatro acolle a Matarile para 10 funcións de 'Fráxil', en coprodución co Centro Dramático Galego e o Teatro Español de Madrid

[09/05/2023] O Salón Teatro de Santiago acolle desde a semana pasada a compañía compostelá Matarile Teatro para as primeiras funcións públicas do seu espectáculo Fráxil. Handle with Care, coproducido polo Centro Dramático Galego e o Teatro Español de Madrid. Na sede da unidade teatral da Xunta, estreouse o pasado venres no marco do Festival Escenas do Cambio, promovido pola Cidade da Cultura de Galicia, e aquí permanecerá en cartel ata o vindeiro día 21 para ofrecer 10 novas representacións de mércores a domingos.
ESTRÉASE ESTE VENRES 31 NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO

O Centro Dramático Galego recupera a Xohana Torres para o teatro coa primeira montaxe profesional de 'Un hotel de primeira sobre o río'

Documento anexo[28/03/2023] O Centro Dramático Galego recupera para as táboas a Xohana Torres coa estrea este venres 31 da primeira produción profesional da súa obra Un hotel de primeira sobre o río, que estará en cartel no Salón Teatro de Santiago de Compostela ata o 30 de abril. Gonçalo Guerreiro e María Torres dirixen esta nova proposta da compañía da Xunta de Galicia, afondando na poética e no estilo persoal desta gran autora galega desde unha perspectiva contemporánea que non perde a acidez, a ironía e o drama presentes no texto orixinal, gañador do Premio Castelao en 1968.
O CDG COPRODUCIRÁ A ÚLTIMA CREACIÓN DE MATARILE, ‘FRÁXIL: HANDLE WITH CARE’

A Xunta presenta unha novena edición de 'Escenas do cambio' centrada nas transformacións sociais e nos dereitos dos colectivos vulnerables e excluídos

Documento anexo[27/03/2023] O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe a novena edición do festival de teatro, danza e arte en acción Escenas do cambio, que dirixe Lola Correa e que este ano pon o foco na realidade e nas transformacións sociais do noso presente máis inmediato. Impulsado pola Xunta de Galicia a través da Fundación Cidade da Cultura, Escenas do cambio trae do 4 ao 6 de maio unha decena de propostas de vangarda nas que a danza, o teatro, a performance, a música e a poesía conectan á audiencia coas reivindicacións dos dereitos das persoas migrantes e desprazadas, do colectivo queer ou dos estratos máis vulnerables da sociedade.

Anteriores | 1 2 3 4 | 5 | 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal