Novas
O MUSEO DO POBO GALEGO ORGANIZA ESTE ENCONTRO, NO QUE COLABORA O CDG PARA A DIFUSIÓN DE TÍTULOS GALEGOS E DE FÓRA DE GALICIA DESDE A SÚA SEDE EN SANTIAGO
[29/05/2017] Por segundo ano consecutivo, o Salón Teatro de Santiago será un dos espazos que acolla a carteleira de filmes da duodécima Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE), organizada polo Museo do Pobo Galego. A partir de mañá e ata o día 3 de xuño, a sede do Centro Dramático Galego (CDG) transformarase nunha sala de cinema, na que se poderán ver 13 películas galegas e de fóra de Galicia.
[28/05/2017] O Centro Dramático Galego (CDG) mantén aberto ata o 11 de xuño o prazo de inscrición para os dous cursos de verán que ofrecerá durante o mes de xullo na súa sede do Salón Teatro de Santiago. O traballo corporal centrará ambos os encontros, que serán impartidos por David Luque e Daniel Abreu do 17 ao 21 e do 24 ao 28 de xullo, respectivamente.
A PELÍCULA DE JOSÉ LUIS GARCÍA SÁNCHEZ PODERÁ VERSE MAÑÁ ÁS 18,00 H. NA FILMOTECA DE GALICIA CON ENTRADA GRATUÍTA PARA O PÚBLICO
[26/05/2017] O Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) ofrecerá mañá, ás 18,00 h., na súa sede da Coruña a proxección do filme
Esperpentos, de José Luis García Sánchez, nunha sesión especial que aborda a adaptación cinematográfica da obra de Valle-Inclán. O pase está programado de xeito previo ás funcións que o Centro Dramático Galego (CDG) ofrecerá a vindeira semana na cidade coa súa última produción,
Martes de Carnaval, realizada tamén a partir de dúas pezas do autor arousán.
A COMPAÑÍA VIGUESA REPRESENTA ESTA PEZA ATA O DOMINGO NA SEDE DO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO
[25/05/2017] A carteleira do Centro Dramático Galego (CDG) no Salón Teatro continúa coa súa programación para o mes de maio coa chegada da compañía viguesa Avento Producións Teatrais, que representará ata o domingo a obra
BU21, un texto do británico Stuart Slade dirixido por Xoán Abreu.
COPRODUCEN ESTA APROXIMACIÓN ESCÉNICA Á COÑECIDA OBRA DE CARLOS CASARES, QUE PODERÁ VERSE NO SALÓN TEATRO DESDE MAÑÁ E ATA O XOVES, ÁS 20,30 H.
[15/05/2017] O Centro Dramático Galego (CDG) celebra o Día das Letras Galegas no Salón Teatro de Santiago levando ás táboas a novela de Carlos Casares
Os mortos daquel verán, nunha aproximación escénica que coproduce coa compañía Talía Teatro. A versión deste coñecido texto do autor homenaxeado o 17 de maio estréase mañá, ás 20,30 horas, na sede do CDG, onde tamén poderá verse o mércores e o xoves á mesma hora.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
| 41 |
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
| Seguintes