AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas


O CDG celebra o Día das Letras Galegas cunha xornada de portas abertas na súa sede en Santiago

[14/05/2018] O Salón Teatro de Santiago, sede do Centro Dramático Galego (CDG), abrirá este xoves 17 as súas portas para festexar o Día das Letras Galegas con visitas guiadas gratuítas polas súas instalacións.

O Centro Dramático Galego organiza o taller "A palabra en acción" co especialista Vicente Fuentes do 4 ao 8 de xuño

Documento anexo[10/05/2018] O Centro Dramático Galego (CDG) organiza o taller A palabra en acción, que será impartido por Vicente Fuentes e Rosa Moledo do 4 ao 8 de xuño na súa sede do Salón Teatro, en Santiago de Compostela. O obradoiro diríxese prioritariamente a profesionais da interpretación interesados en desenvolver unha meirande destreza no manexo da fala escénica.

Aporía Escénica regresa ao Salón Teatro de Santiago con catro funcións de "6 cubos negros sobre fondo branco"

Documento anexo[09/05/2018] O Salón Teatro de Santiago, sede do Centro Dramático Galego (CDG), recibe de novo a compañía viguesa Aporía Escénica, que desta volta representa 6 cubos negros en corpo branco, a súa nova produción. Diana Mera é a autora e directora deste espectáculo, que contou co apoio económico da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) a través das axudas a produción escénica de 2017 e que poderá verse neste escenario ata o vindeiro domingo día 13.

Cair Circo abre a carteleira de maio do Salón Teatro co seu espectáculo Erori

Documento anexo[03/05/2018] O Salón Teatro de Santiago, sede do Centro Dramático Galego (CDG), abre a súa carteleira para o mes de maio con Erori, de Cair Circo, un espectáculo de clown e acrobacias para toda a familia, que se representará o sábado 5 de maio ás 20,30 h.
O ESPECTÁCULO ‘ERORI’, DE CAIR CIRCO, ABRE O SÁBADO 5 A NOVA PROGRAMACIÓN

Circo, teatro, música y formación centran a actividade do Salón Teatro de Santiago ata xullo

Documento anexo[29/04/2018] O Salón Teatro de Santiago, sede do Centro Dramático Galego (CDG), será o escenario dunha ducia de espectáculos, eventos e accións formativas ata primeiros de xullo, cando a produción Divinas Palabras Revolution regresará a Compostela. Erori, de Cair Circo, será a montaxe coa que arrancará o día 5 esta nova carteleira, na que tamén hai lugar para o teatro, a música e mesmo o cinema e a televisión.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 | 43 | 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal