AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

O VENRES 30, ÁS 21.00 HORAS, NO TEATRO LAURO OLMO

O CDG pecha no Barco de Valdeorras a xira de 'Longa viaxe cara á noite' por 12 escenarios galegos e portugueses

Documento anexo[28/05/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria conclúe este venres 30 de maio no Barco de Valedorras a xira que o Centro Dramático Galego (CDG) vén desenvolvendo desde hai dous meses con ‘Longa viaxe cara á noite’, versión do texto autobiográfico asinado polo premio Nobel de Literatura Eugene O’Neill. A función que se celebrará ás 21.00 horas no Teatro Municipal Lauro Olmo será a última do total de 26 representacións para público xeral e mais para escolares que se terán ofrecido en 12 escenarios galegos e portugueses desde a súa estrea en Santiago de Compostela a finais do pasado mes de marzo.
ESTE VENRES 30 DE MAIO, ÁS 20.30 HORAS

Fetén Fetén presenta en directo no Salón Teatro o seu disco 'Bailables' dentro do ciclo Sons'14

Documento anexo[27/05/2014] O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria será o escenario este venres día 30, ás 20.30 horas, do concerto no que Fetén Fetén presentará en directo os temas de ‘Bailables’, o seu novo traballo discográfico. O dúo burgalés de música folk chega a Compostela como parte do cartel do ciclo Sons’14 que organiza o Concello de Santiago.
ESTE MÉRCORES 28, ÁS 21.00 HORAS, NO SALÓN TEATRO

Manoele de Felisa pon voz aos poemas de Xosé Neira Vilas no concerto-homenaxe 'Cantos de lembranza'

[26/05/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora no concerto ‘Cantos de lembranza’, que se celebrará o mércores 28 de maio no Salón Teatro de Santiago e no que se presentarán os temas que inclúe o libro CD do mesmo título, co que se lle rende homenaxe ao escritor e académico da lingua galega Xosé Neira Vilas.
‘AUTOS DA REVOLUÇÃO’ REPRESÉNTASE MAÑÁ SÁBADO ÁS 18.30 HORAS E 'LONGA VIAXE CARA Á NOITE', O MARTES 27 EN SESIÓN MATINAL

O Centro Dramático de Évora e o Centro Dramático Galego presentan as súas últimas producións no Teatro Municipal de Tui

Documento anexo[23/05/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta nos vindeiros días en Tui dúas propostas teatrais da man do Centro Dramático de Évora (Cendrev) e do Centro Dramático Galego (CDG), que representarán os seus últimos espectáculos no Teatro Municipal Área Panorámica mañá sábado 24 e o martes 27, respectivamente.
ÁS 20.30 HORAS NO CENTRO CULTURAL DA FUNDACIÓN NOVACAIXAGALICIA

O CDG entra na recta final da xira de 'Longa viaxe cara á noite', que se representa mañá e o venres en Vigo

Documento anexo[21/05/2014] O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria entra na recta final da xira do seu espectáculo ‘Longa viaxe cara á noite’, versión galega do célebre drama autobiográfico do norteamericano Eugene O’Neill. Tras dous meses de percorrido por diferentes escenarios galegos e portugueses, a última montaxe do CDG chega esta semana a Vigo para ofrecer dúas representacións no Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia mañá xoves 22 e o venres 23, ás 20.30 horas.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 | 44 | 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal