AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

ESTREA, O 12 DE ABRIL NO SALÓN TEATRO

Avanza a produción de 'Divinas Palabras Revolution' como adaptación desinhibida da obra de Valle-Inclán

Documento anexo[14/03/2018] Cumprido o primeiro mes de ensaios de Divinas Palabras Revolution, o novo espectáculo que o Centro Dramático Galego (CDG) estreará o 12 de abril no Salón Teatro de Santiago, o seu equipo artístico e técnico avanza na materialización de todos os elementos escénicos que contribuirán a situar no tempo presente a coñecida obra de Valle-Inclán.
O EQUIPO ARTÍSTICO TRABALLA XA CO PERSOAL TÉCNICO DO CDG NESTA PRIMEIRA VERSIÓN EN GALEGO DA COÑECIDA OBRA DE VALLE-INCLÁN

Comezan os ensaios de 'Divinas palabras' cara á estrea do 12 de abril

[15/02/2018] O equipo artístico e técnico de Divinas palabras, a nova produción que o Centro Dramático Galego (CDG) estreará o 12 de abril no Salón Teatro de Santiago, acaba de iniciar neste escenario os ensaios da que será a primeira versión en lingua galega da coñecida obra de Valle-Inclán.
'AFTERPARTY' É O TÍTULO DO SEU PRIMEIRO ESPECTÁCULO, QUE SE ESTREA ESTE VENRES NA SEDE DO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO, ONDE SE REPRESENTARÁ ATA O DOMINGO

O Salón Teatro acolle o debut da compañía A Feroz dentro do programa de residencias do CDG

Documento anexo[06/02/2018] A Feroz debuta este venres sobre as táboas coa estrea do seu primeiro espectáculo, Afterparty, no Salón Teatro de Santiago. Esta nova compañía galega participa no programa En Residencia do Centro Dramático Galego (CDG), no marco do que esta semana está a recibir asistencia artística e técnica na sede da compañía pública para ultimar a posta en escena da súa montaxe.
 ESCRITO POR ESTHER F. CARRODEGUAS E DIRIXIDO POR XAVIER CASTIÑEIRA, PODERÁ VERSE DO XOVES 25 AO DOMINGO 28

A compañía ButacaZero estrea no Salón Teatro o espectáculo '#camiños' en coprodución co CDG

Documento anexo[23/01/2018] ButacaZero e o Centro Dramático Galego (CDG) presentaron hoxe en Santiago a estrea da súa coprodución #camiños, que terá lugar este xoves 25 no Salón Teatro. O espectáculo poderá verse ata o domingo 28 de xaneiro na sede da compañía da Xunta de Galicia, onde o equipo ultima esta posta en escena desde o pasado día 15 como parte do programa En Residencia do CDG.
ESTRÉASE O 12 DE ABRIL NO SALÓN TEATRO

Cincuenta e catro actrices e actores participan nas audicións do CDG para o espectáculo 'Divinas Palabras'

[16/01/2018] O Centro Dramático Galego (CDG) está a desenvolver durante esta semana as probas de interpretación para seleccionar parte do elenco da súa próxima produción, Divinas palabras, de Valle-Inclán. Cincuenta e catro intérpretes (30 actrices e 24 actores) participan nestas audicións para sete dos nove personaxes da que será a primeira versión en galego desta "traxicomedia de aldea", como a subtitulou o propio autor.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 | 45 | 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal