AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

'RÉQUIEM POR UN MONICREQUE' REPRESÉNTASE DO XOVES 11 AO DOMINGO 14

Os Monicreques de Kukas levan ás táboas do Salón Teatro a obra coa que Roi Vidal gañou o Barriga Verde

Documento anexo[09/01/2018] A histórica compañía compostelá Os Monicreques de Kukas presenta esta semana no Salón Teatro de Santiago Réquiem por un monicreque, montaxe que leva ás táboas o texto polo que Roi Vidal Ponte obtivo en 2016 o premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, na modalidade para público adulto, convocado pola Xunta a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). Trátase, ademais, dun dos 31 espectáculos adxudicatarios en 2017 das subvencións da Agadic á produción escénica galega.
ÁBRESE ATA O 22 DE XANEIRO O PRAZO DE SOLICITUDE

O CDG crea o Grupo DramaturXa baixo a coordinación de Manuel Lourenzo

Documento anexo[03/01/2018] O Centro Dramático Galego (CDG) acaba de abrir o proceso de selección dos dez autores e autoras que formarán parte do primeiro Grupo DramaturXa, baixo a coordinación do escritor e director escénico Manuel Lourenzo. Esta nova iniciativa xurde ao abeiro do programa Dramaturxente de apoio, fomento e promoción da autoría teatral galega contemporánea, que a compañía pública mantén en colaboración coa Asociación Galega de Dramaturxia DramaturGA.
MAÑÁ E O XOVES, ÚLTIMAS SESIÓNS DO PROGRAMA 'GRAN TEATRO PARA OS MÁIS PEQUENOS'

O espectáculo 'Animais de compañía' e o taller 'Soa igual a diferenza' pechan o noso ciclo infantil de Nadal

Documento anexo[02/01/2018] O ciclo Gran teatro para os máis pequenos do Salón Teatro de Santiago remata mañá e o xoves cunha nova oferta dobre que combina a posta en escena de Animais de compañía, de Teatro do Noroeste, cun taller de son para público infantil. Conclúe así a segunda edición deste programa especial, deseñado polo Centro Dramático Galego (CDG) para celebrar o Nadal na súa sede xunto aos espectadores máis novos, así como para facilitar a conciliación familiar durante as festas.
O CONSELLEIRO DE CULTURA PRESENTOU HOXE A NOVA PRODUCIÓN PROPIA E O RESTO DA PROGRAMACIÓN DA COMPAÑÍA PÚBLICA

'Divinas palabras' dirixida por Xesús Ron, catro coproducións e os programas de dramaturxias e residencias definen a temporada do CDG

Documento anexo[27/12/2017] O Centro Dramático Galego (CDG) presentou hoxe as actividades que centran a súa temporada 2017-2018, coa estrea o 12 de abril da primeira versión en galego da obra de Valle-Inclán 'Divinas palabras', baixo a dirección de Xesús Ron, como fito principal do calendario. Ademais, a colaboración coas compañías privadas segue a ser prioritaria a través de catro coproducións e dos programas Dramaturxente e En Residencia, así como do resto da carteleira de exhibición do Salón Teatro, a súa sede en Santiago de Compostela.


CON ‘A CASA DO AVÓ’ DE TANXARINA OS DÍAS 21 E 22, ‘ELA’ DE CARAMUXO TEATRO O 29 E 30 E ‘ANIMAIS DE COMPAÑÍA’ DE TEATRO DO NOROESTE O 3 E 4 DE XANEIRO, XUNTO A CADANSEU TALLER

Volve ao Salón Teatro o ciclo de obradoiros e espectáculos 'Gran teatro para os máis pequenos'

[18/12/2017] O ciclo Gran teatro para os máis pequenos do Centro Dramático Galego (CDG) regresa ao Salón Teatro de Santiago para celebrar o Nadal xunto ao público infantil. Esta carteleira especial combina a exhibición de tres espectáculos das compañías galegas Tanxarina, Caramuxo Teatro e Teatro do Noroeste con outros tantos talleres sobre monicreques, a figura de Maruxa Mallo e o espazo sonoro, respectivamente, baixo o lema Saca o artista que levas dentro.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 | 46 | 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal