AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

NO SALÓN TEATRO, DO XOVES 14 AO DOMINGO 17

Inversa Teatro representa 'Fémina Sapiens' e 'Té con Kant' dentro do programa En Residencia

Documento anexo[12/12/2017] O programa En Residencia do Centro Dramático Galego acolle esta semana a compañía galega Inversa Teatro para poñer en escena os seus dous últimos espectáculos no Salón Teatro de Santiago de Compostela: Fémina sapiens (xoves 14 e venres 15, ás 20,30 h.) e Té con Kant (sábado 16, ás 20,30 h., e domingo 17, ás 18,00 h.).
A PROGRAMACIÓN DE DECEMBROARRANCA MAÑÁ CON ‘MÖBIUS’, DO MALABARISTA MIGUEL GIGOSOS

Pechamos 2017 con circo, teatro contemporáneo e espectáculos infantís

[30/11/2017] O Salón Teatro, sede do Centro Dramático Galego (CDG) en Santiago de Compostela, inicia mañá a súa programación de decembro, que ofrece unha quincena de citas nas que hai cabida para o circo, as últimas tendencias escénicas e o teatro infantil.
O PRAZO DE SOLICITUDE ESTENDERASE DESDE MAÑÁ ATA O 13 DE DECEMBRO

Convocado o proceso de selección de sete actrices e actores para 'Divinas palabras'

Documento anexo[27/11/2017] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) acaba de abrir o proceso de selección de parte do elenco de Divinas palabras, de Valle-Inclán, que o Centro Dramático Galego (CDG) estreará en primavera de 2018. Con esta nova produción, a compañía institucional continuará afondando na obra do gran autor arousán co obxectivo de avanzar na súa incorporación ao repertorio teatral en galego, como xa fixo este ano con dúas das pezas de Martes de Carnaval: As galas do defunto e A filla do capitán.
IMPARTIDO POR EMILIO GOYANES DO 4 AO 6 DE DECEMBRO

O CDG colabora con Pistacatro na organización en Santiago do curso 'Na corda frouxa'

Documento anexo[07/11/2017] Na corda frouxa é o título do curso sobre fundamentos de teatro aplicados aos espectáculos de circo, que o especialista en clown e teatro físico Emilio Goyanes impartirá no Salón Teatro de Santiago do 4 ao 6 de decembro. O Centro Dramático Galego colabora na celebración na súa sede deste taller, organizado por Pistacatro e que conta tamén co apoio do Instituto Nacional de Artes Escénicas e da Música (INAEM).
DE XOVES A SÁBADO, ÁS 20,30 H., E O SÁBADO, ÁS 19,00 H.

A Panadaría representa no Salón Teatro a súa coprodución co CDG 'Elisa e Marcela'

Documento anexo[24/10/2017] Elisa e Marcela, espectáculo da compañía A Panadaría en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG) e co Concello de Rianxo, chega esta semana a Santiago para desenvolver catro funcións de xoves a domingo no Salón Teatro. A montaxe leva por primeira vez ás táboas a historia da voda entre dúas mulleres que tivo lugar na Coruña en 1901 e que é o primeiro casamento homosexual do que se ten constancia en España.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 | 47 | 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal