AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

BAIXO O TÍTULO ‘A TRAVÉS DO AIRE’, O CREADOR DESENVOLVE ATA O 28 DE XULLO NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO CATRO SESIÓNS SOBRE O TRABALLO CORPORAL POSTO AO SERVIZO DA INTERPRETACIÓN

O bailarín Daniel Abreu imparte no CDG un taller de adestramento físico para actores

[26/07/2017] O Salón Teatro de Santiago de Compostela, sede do Centro Dramático Galego (CDG), acolle ata o vindeiro 28 de xullo o taller titulado A través do aire, a cargo do creador e bailarín Daniel Abreu e centrado no adestramento físico específico para actores e actrices.
BAIXO O TÍTULO ‘A EMOCIÓN NO CORPO’, O ACTOR DESENVOLVERÁ ATA O VENRES 25 HORAS LECTIVAS EN CINCO SESIÓNS TEÓRICO-PRÁCTICAS SOBRE O XEITO DE POÑER AS REACCIÓNS E IMPULSOS COTIÁNS AO SERVIZO DA

O Salón Teatro recibe a David Luque para impartir un taller sobre técnica Chejov a 25 profesionais galegos

[17/07/2017] O Salón Teatro, a sede do Centro Dramático Galego (CDG) en Santiago de Compostela, acolle ata o venres 21 o taller A emoción no corpo, no que o polifacético actor e creador madrileño David Luque afondará na técnica Michael Chejov e nas reaccións corporais ás emocións como exercicio de interpretación escénica.
OS DOUS TEXTOS TRADUCIDOS POR MANUEL CORTÉS PARA O ESPECTÁCULO ‘MARTES DE CARNAVAL’ CONFORMAN O SEGUNDO VOLUME DA COLECCIÓN ‘O PAPEL DO TEATRO’

O CDG publica a tradución das pezas de Valle-Inclán 'As galas do defunto' e 'A filla do capitán'

Documento anexo[07/07/2017] A tradución ao galego das obras teatrais de Valle-Inclán As galas do defunto e A filla do capitán, agrupadas baixo o título Martes de Carnaval, conforman o segundo volume da colección editorial O papel do teatro, promovida polo Centro Dramático Galego (CDG) para darlle difusión ás versións dos textos dos seus espectáculos.
O ESPECTÁCULO SERÁ UN DOS EIXOS CENTRAIS DA TEMPORADA 2017-2018 DA COMPAÑÍA PÚBLICA, QUE SERÁ PRESENTADA Á VOLTA DO VERÁN

O CDG continuará afondando na obra de Valle-Inclán coa produción de 'Divinas palabras'

[22/06/2017] O Centro Dramático Galego (CDG) continuará afondando na obra de Valle-Inclán na súa próxima temporada escénica, durante a que levará a cabo a produción de Divinas palabras, un dos grandes clásicos teatrais do autor arousán. Tanto os detalles deste novo espectáculo como do resto da programación que a compañía pública desenvolverá no período 2017-2018 daranse a coñecer na presentación pública que terá lugar á volta do verán.
A NOVA PRODUCIÓN DA COMPAÑÍA PÚBLICA GALEGA REPRESENTARASE MAÑÁ EN GALEGO CON SOBRETÍTULOS

O CDG participa no festival Tercera Setmana de Valencia con 'Martes de Carnaval' e un taller con Fefa Noia

Documento anexo[10/06/2017] O Centro Dramático Galego (CDG) viaxa esta fin de semana ata Valencia, onde mañá domingo representará a súa produción Martes de Carnaval, de Valle-Inclán, dentro do festival internacional de artes escénicas Tercera Setmana. A compañía pública tamén está representada neste evento pola súa directora, Fefa Noia, quen foi convidada a impartir hoxe un taller práctico sobre as relacións entre escenografía e dirección escénica.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 | 49 | 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal