AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

O XOVES 15 NO AUDITORIO AFUNDACIÓN

'Martes de Carnaval' chega a Pontevedra na recta final da súa xira

Documento anexo[09/06/2017] A primeira versión en galego de Martes de Carnaval, de Valle-Inclán, chega o vindeiro xoves 15 a Pontevedra da man do Centro Dramático Galego (CDG). O Auditorio Afundación será o escenario da representación, programada para as 20,30 horas, coa que a compañía pública entra na recta final da xira desta produción, integrada polos esperpentos As galas do defunto e A filla do capitán.
A MEDIO CAMIÑO ENTRE O DOCUMENTAL E A FICCIÓN TEATRAL, REPRESÉNTASE DO XOVES 8 AO SÁBADO 10 ÁS 21,00 H

Borja Fernández achega ao Salón Teatro a súa visión da emigración co espectáculo 'Salvador'

Documento anexo[06/06/2017] O creador escénico pontevedrés Borja Fernández instalarase esta semana no Salón Teatro de Santiago para levar a cabo tres funcións de Salvador, espectáculo no que achega a súa visión da emigración a través dun labor de creación persoal e de investigación.
O VENRES 2 E O SÁBADO 3, ÁS 20,30 HORAS

O Teatro Rosalía da Coruña recibe esta fin de semana o CDG para dúas funcións de 'Martes de Carnaval'

Documento anexo[30/05/2017] O Centro Dramático Galego (CDG) representa esta fin de semana na Coruña o seu espectáculo Martes de Carnaval, que ofrece por primeira vez en galego os esperpentos de Valle-Inclán As galas do defunto e A filla do capitán. O Teatro Rosalía Castro ofrece dúas funcións o venres 2 e o sábado 3 de xuño, ás 20,30 h., do espectáculo dirixido pola creadora pontevedresa Marta Pazos e interpretado por un elenco de 10 actores e actrices.
O MUSEO DO POBO GALEGO ORGANIZA ESTE ENCONTRO, NO QUE COLABORA O CDG PARA A DIFUSIÓN DE TÍTULOS GALEGOS E DE FÓRA DE GALICIA DESDE A SÚA SEDE EN SANTIAGO

O Salón Teatro proxecta 13 filmes da XII Mostra Internacional de Cinema Etnográfico

Documento anexo[29/05/2017] Por segundo ano consecutivo, o Salón Teatro de Santiago será un dos espazos que acolla a carteleira de filmes da duodécima Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE), organizada polo Museo do Pobo Galego. A partir de mañá e ata o día 3 de xuño, a sede do Centro Dramático Galego (CDG) transformarase nunha sala de cinema, na que se poderán ver 13 películas galegas e de fóra de Galicia.

O CDG organiza dous cursos de interpretación con David Luque e Daniel Abreu

Documento anexo[28/05/2017] O Centro Dramático Galego (CDG) mantén aberto ata o 11 de xuño o prazo de inscrición para os dous cursos de verán que ofrecerá durante o mes de xullo na súa sede do Salón Teatro de Santiago. O traballo corporal centrará ambos os encontros, que serán impartidos por David Luque e Daniel Abreu do 17 ao 21 e do 24 ao 28 de xullo, respectivamente.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 | 50 | 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal