AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

ANUNCIOUSE COINCIDINDO COA CELEBRACIÓN DO DÍA MUNDIAL DO TEATRO

O Centro Dramático Galego coproducirá coa compañía Xerpo a montaxe teatral de 'Bailar no ceo', texto gañador da II Bolsa de Dramaturxia e Creación

Documento anexo[27/03/2023] A compañía Xerpo é a gañadora da segunda fase da Bolsa de Dramaturxia e Creación, desenvolvida pola Xunta de Galicia coa colaboración de diversos colectivos do sector cultural galegos, de acordo coa que coproducirá co Centro Dramático Galego o texto 'Bailar no ceo', escrito por Ana Abad de Larriva como vencedora da primeira fase desta mesma iniciativa.
O 18 E 19 DE XULLO NO TEATRO ROMANO DA CAPITAL ESTREMEÑA

O Centro Dramático Galego preséntase por vez primeira no Festival Internacional de Teatro Clásico de Mérida con 'Shakespeare en Roma'

Documento anexo[22/03/2023] O Centro Dramático Galego viaxará por primeira vez ao Festival Internacional de Teatro Clásico de Mérida para representar unha das súas producións propias, Shakespeare en Roma, que poderá verse no teatro romano da capital estremeña os días 18 e 19 de xullo. A programación completa da 69ª edición desta prestixiosa mostra foi anunciada hoxe mesmo no transcurso dun acto no que participou o director da unidade teatral da Xunta de Galicia, Fran Núñez, para dar conta do fito que estas actuacións suporán na traxectoria da compañía institucional galega a prol da proxección exterior do noso teatro e dos seus profesionais.
XOVES, VENRES E SÁBADO, ÁS 20.00 HORAS, RESPECTIVAMENTE

A inclusión social protagoniza a carteleira da semana cos espectáculos 'Camaleoa' e 'Soños' e un concerto pola saúde mental

[21/02/2023] A sede do Centro Dramático Galego no Salón Teatro de Santiago de Compostela continúa coa súa actividade ao tempo que a compañía da Xunta de Galicia entra na terceira semana de representacións da súa produción propia Shakespeare en Roma, ata o 2 de abril no Salón Nobre do Pazo de Fonseca.
PODERÁ VERSE DO 9 DE FEBREIRO AO 2 DE ABRIL NO SALÓN NOBRE DO PAZO DE FONSECA, EN SANTIAGO

Román Rodríguez refírese á estrea de 'Shakespeare en Roma' como o gran desafío que dá conta da madurez do Centro Dramático Galego

Documento anexo[07/02/2023] O Centro Dramático Galego estrea este xoves día 9 en Santiago de Compostela Shakespeare en Roma, que en palabras do conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, supón "un gran desafío artístico e de produción para dar conta da madurez e solvencia da compañía teatral da Xunta". O espectáculo ofrece un achegamento inédito e singular ás catro pezas que o gran dramaturgo inglés ambientou no Imperio Romano (Coriolano, Xulio César, Antonio e Cleopatra e Tito Andrónico), condensadas en pouco máis de dúas horas a partir de catro olladas dramatúrxicas diferentes e levadas a escena por outros tantos equipos de dirección cun mesmo elenco de oito intérpretes.
NO SALÓN TEATRO DO XOVES 26 de XANEIRO AO DOMINGO 5 DE FEBREIRO

O Centro Dramático Galego reestrea en Santiago 'A contenda do río Miño' para celebrar os 50 anos da súa primeira posta en escena

Documento anexo[24/01/2023] O Centro Dramático Galego e a Companhia de Teatro de Braga reestrean este xoves no Salón Teatro de Santiago a súa produción A contenda dos labradores de Caldelas ou Entremés famoso sobre a pesca do río Miño (A contenda do río Miño), versión da peza teatral escrita en 1671 por Gabriel Feixóo de Araúxo e da que se cumpre o 50º aniversario da súa primeira posta en escena pola compañía coruñesa Teatro Circo, da man de Manuel Lourenzo e José Estruch.

Anteriores | 1 2 3 4 5 | 6 | 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal