AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

A PELÍCULA DE JOSÉ LUIS GARCÍA SÁNCHEZ PODERÁ VERSE MAÑÁ ÁS 18,00 H. NA FILMOTECA DE GALICIA CON ENTRADA GRATUÍTA PARA O PÚBLICO

O CGAI proxecta o filme 'Esperpentos' de xeito previo ás funcións de 'Martes de Carnaval' na Coruña

Documento anexo[26/05/2017] O Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) ofrecerá mañá, ás 18,00 h., na súa sede da Coruña a proxección do filme Esperpentos, de José Luis García Sánchez, nunha sesión especial que aborda a adaptación cinematográfica da obra de Valle-Inclán. O pase está programado de xeito previo ás funcións que o Centro Dramático Galego (CDG) ofrecerá a vindeira semana na cidade coa súa última produción, Martes de Carnaval, realizada tamén a partir de dúas pezas do autor arousán.
A COMPAÑÍA VIGUESA REPRESENTA ESTA PEZA ATA O DOMINGO NA SEDE DO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO

O Salón Teatro acolle o espectáculo de Avento Producións 'Bu21'

Documento anexo[25/05/2017] A carteleira do Centro Dramático Galego (CDG) no Salón Teatro continúa coa súa programación para o mes de maio coa chegada da compañía viguesa Avento Producións Teatrais, que representará ata o domingo a obra BU21, un texto do británico Stuart Slade dirixido por Xoán Abreu.
COPRODUCEN ESTA APROXIMACIÓN ESCÉNICA Á COÑECIDA OBRA DE CARLOS CASARES, QUE PODERÁ VERSE NO SALÓN TEATRO DESDE MAÑÁ E ATA O XOVES, ÁS 20,30 H.

O CDG e Talía Teatro celebran o Día das Letras Galegas coa estrea en Santiago de 'Os mortos daquel verán'

Documento anexo[15/05/2017] O Centro Dramático Galego (CDG) celebra o Día das Letras Galegas no Salón Teatro de Santiago levando ás táboas a novela de Carlos Casares Os mortos daquel verán, nunha aproximación escénica que coproduce coa compañía Talía Teatro. A versión deste coñecido texto do autor homenaxeado o 17 de maio estréase mañá, ás 20,30 horas, na sede do CDG, onde tamén poderá verse o mércores e o xoves á mesma hora.
REPRESÉNTASE MAÑÁ NO TEATRO MUNICIPAL LAURO OLMO VALDEORRÉS E A SEMANA QUE VÉN NO TEATRO PRINCIPAL DA CIDADE DAS BURGAS

O CDG achégalle 'Martes de Carnaval' ao público ourensán con funcións no Barco e Ourense

Documento anexo[11/05/2017] A xira do Centro Dramático Galego (CDG) coa súa produción Martes de Carnaval, de Valle-Inclán, chega á provincia de Ourense para ofrecer tres funcións no Barco de Valdeorras e en Ourense. A primeira destas citas será co público barquense mañá mesmo, ás 21,00 horas, no Teatro Municipal Lauro Olmo.
DIRIXIDO POR GONÇALO GUERREIRO E MARÍA TORRES, REPRESÉNTASE DENDE HOXE E ATA O DOMINGO 14 EN FUNCIÓNS ESCOLARES E PARA PÚBLICO EN XERAL

O espectáculo 'Tropical', da compañía Elefante Elegante, ocupa esta semana o Salón Teatro

Documento anexo[10/05/2017] A programación do Centro Dramático Galego (CDG) no Salón Teatro de Santiago continúa durante esta semana coa compañía Elefante Elegante, que representa o seu espectáculo Tropical dende hoxe e ata o domingo 14. As funcións destes dous primeiros días comezan ás 11,00 h. e están destinadas a escolares, mentres que as dirixidas a público xeral serán o venres 12 e o sábado 13 (20,30 h.) e o domingo 14 (18,00 h.).

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 | 51 | 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal