AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

ESTE MÉRCORES 28, ÁS 21.00 HORAS, NO SALÓN TEATRO

Manoele de Felisa pon voz aos poemas de Xosé Neira Vilas no concerto-homenaxe 'Cantos de lembranza'

[26/05/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora no concerto ‘Cantos de lembranza’, que se celebrará o mércores 28 de maio no Salón Teatro de Santiago e no que se presentarán os temas que inclúe o libro CD do mesmo título, co que se lle rende homenaxe ao escritor e académico da lingua galega Xosé Neira Vilas.
‘AUTOS DA REVOLUÇÃO’ REPRESÉNTASE MAÑÁ SÁBADO ÁS 18.30 HORAS E 'LONGA VIAXE CARA Á NOITE', O MARTES 27 EN SESIÓN MATINAL

O Centro Dramático de Évora e o Centro Dramático Galego presentan as súas últimas producións no Teatro Municipal de Tui

Documento anexo[23/05/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta nos vindeiros días en Tui dúas propostas teatrais da man do Centro Dramático de Évora (Cendrev) e do Centro Dramático Galego (CDG), que representarán os seus últimos espectáculos no Teatro Municipal Área Panorámica mañá sábado 24 e o martes 27, respectivamente.
ÁS 20.30 HORAS NO CENTRO CULTURAL DA FUNDACIÓN NOVACAIXAGALICIA

O CDG entra na recta final da xira de 'Longa viaxe cara á noite', que se representa mañá e o venres en Vigo

Documento anexo[21/05/2014] O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria entra na recta final da xira do seu espectáculo ‘Longa viaxe cara á noite’, versión galega do célebre drama autobiográfico do norteamericano Eugene O’Neill. Tras dous meses de percorrido por diferentes escenarios galegos e portugueses, a última montaxe do CDG chega esta semana a Vigo para ofrecer dúas representacións no Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia mañá xoves 22 e o venres 23, ás 20.30 horas.
O VENRES 23 ás 20.30 HORAS E O SÁBADO 24 ÁS 19.00 HORAS

O Coro da Ra celebra o seu vixésimo aniversario esta fin de semana no Salón Teatro con dúas funcións en exclusiva de 'Vinte. O musical'

[21/05/2014] O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acolle esta fin de semana a celebración en forma de musical do vixésimo aniversario do Coro da Ra. A agrupación vocal compostelá preparou para a ocasión ‘Vinte. O musical’, espectáculo en clave cómica do que ofrecerá dúas funcións en exclusiva en Santiago o venres 23, ás 20.30 horas, e o sábado 24, ás 19.00 horas.
O SALÓN TEATRO DE SANTIAGO ACOLLE DÚAS FUNCIÓNS PARA ESTUDANTES DE SECUNDARIA O MARTES 20 E O MÉRCORES 21

A Consellería de Cultura e Educación colabora na campaña escolar da compañía Malasombra co espectáculo 'Smoke City' sobre os riscos do tabaquismo

Documento anexo[18/05/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora na campaña escolar que a compañía Malasombra está a desenvolver co espectáculo ‘Smoke City. A cidade do fume’ co obxectivo de afondar na concienciación do alumnado galego sobre as graves consecuencias do tabaquismo para a saúde. A montaxe chega agora ao Salón Teatro de Santiago para ofrecer este martes día 20 e o mércores 21, ás 11.00 horas, dúas funcións dirixidas a estudantes de secundaria.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 | 52 | 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal