Novas
SERÁ IMPARTIDA O 14 DE MARZO NO SALÓN TEATRO
[07/03/2017] O profesor belga Jerôme Maeckelbergh impartirá o vindeiro 14 de marzo no salón Teatro de Santiago de Compostela a conferencia titulada ‘A tremoia escenográfica no teatro barroco’, unha iniciativa formativa promovida pola Escola de Arte Dramática (ESAD) de Galicia en colaboración co Centro Dramático Galego (CDG).
ESTRÉASE O 20 DE ABRIL NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO
[01/03/2017] O equipo artístico e técnico do espectáculo ‘Martes de Carnaval’ iniciou hoxe en Santiago os ensaios da que será a nova produción propia do Centro Dramático Galego (CDG), que suporá ademais a primeira posta en escena en galego das pezas de Ramón María del Valle-Inclán ‘As galas do defunto’ e ‘A filla do capitán’. Con esta montaxe, a compañía pública galega contribúe á incorporación do gran autor arousán ao repertorio teatral en galego no ano en que quedaron liberados os dereitos da súa obra.
Do XOVES 2 AO DOMINGO 5 DE MARZO
[28/02/2017] Aporía Escénica preséntase a partir deste xoves día 2 no Salón Teatro de Santiago de Compostela, sede do Centro Dramático Galego (CDG), con ’30 e tantos ósos’, montaxe galardoada o ano pasado co premio María Casares de Teatro ao mellor texto orixinal. Trátase, ademais, do espectáculo de debut desta compañía emerxente, que busca explorar o universo feminino e atopar unha linguaxe escénica propia e híbrida a partir da potencia plástica dos corpos e os obxectos, do xogo e o humor e da palabra e a poesía.
'HELENA: XUÍZO A UNHA LURPIA' PODERÁ VERSE DO XOVES AO DOMINGO, NO SALÓN TEATRO
[20/02/2017] O Salón Teatro, sede do Centro Dramático Galego (CDG), será o escenario esta semana da representación en Santiago de ‘Helena: Xuízo a unha lurpia’, espectáculo de Teatro do Atlántico que achega unha revisión contemporánea do mito clásico de Helena de Troia. María Barcala defende este papel na versión galega da obra do recoñecido dramaturgo Miguel del Arco, que dirixiu Xúlio Lago a partir da tradución asinada por Inma López Silva.
MARTA PAZOS DIRIXIRÁ AS DÚAS PEZAS QUE COMPOÑEN O ESPECTÁCULO
[10/02/2017] O Centro Dramático Galego (CDG) desenvolverá a próxima semana, do 13 ao 16 de febreiro, as probas de interpretación para seleccionar o elenco da súa próxima produción, ‘Martes de Carnaval’, de Ramón María del Valle-Inclán. Un total de 50 actores e actrices concorrerá a estas audicións, nas que se decidirán os 10 profesionais (4 protagonistas e 6 principais) que encarnarán os 37 personaxes das dúas pezas do espectáculo: ‘As galas do defunto’ e ‘A filla do capitán’.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
| 53 |
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes